HAYDEE AGRAS: ‘A ANÁLISE DE ESTATÍSTICAS É IMPRESCINDIBLE PARA O RENDEMENTO DEPORTIVO DE ELITE’
Venres 4 de maio. A xogadora do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División Haydee Agras profundou onte na metodoloxía do scouting, nas I Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012 que acolle durante este mes o IES Monte Castelo. Nunha participativa charla, a peche laranxa repasou os seus dous anos de experiencia xunto ao corpo técnico do prestixioso ElPozo Murcia na análise estatística de rivais e edición de vídeos, unha tarefa “imprescindible para o rendemento deportivo de elite”.
“Para deportes como o voleibol, hóckey herba, baloncesto ou fútbol americano é un labor primordial na dinámica de traballo”, explicou Haydee. A xogadora tamén fixo referencia á implantación do scouting no fútbol sala e no Burela FS. “Hoxe por hoxe, El Pozo é o equipo da LNFS que mellor traballa a estatística; está demostrando que con esta metodoloxía se obteñen resultados e por iso o resto dos conxuntos o están empezando a implantar como modelo”, dixo Haydee, que tamén fixo referencia ao Burela FS: “Dentro da disposición de medios e materiais no noso equipo, analizamos os rivais e a nós mesmas en vídeos de encontros, unha tarefa que asume en gran medida o adestrador, Javier Pardeiro, na que tamén lle boto unha man” concluíu.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 10 de maio
“O deporte adaptado”
Relatora: Hilda Rodríguez, ex-deportista paralímpica na modalidade de boccia
Xoves 24 de maio
“Psicoloxía no deporte”
Relatora: Juana Blanco, licenciada en Psicoloxía























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



