ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DAS XIX XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR 2012 EN BURELA
As xornadas celebraranse na vila mariñá os días 10 e 11 de maio, nas que se analizarán os retos da nova política pesqueira común, entre outras cuestións
Antonio Veiga insistiu “na necesidade de aunar esforzos entre todas as administracións públicas para potenciar unha actividade produtiva como é a pesca”
Burela, 4 de maio de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel da Área de Benestar Social e Deporte, participou, na mañá de hoxe, na presentación das Xornadas Técnicas Expomar 2012, no salón de plenos do Concello de Burela. No acto tamén estiveron José María González Barcia, alcalde de Burela e presidente de Expomar; Pablo Ramón Fernández Asensio, xefe de coordinación da Área do Mar, e Patricia López Eijo, secretaria da Fundación Expomar e delegada do Mar do concello.
Expertos en pesca e no sector marítimo analizarán entre o 10 e el 11 de maio en Burela os retos aos que se enfronta Galiza en materia de comercialización dos seus produtos do mar e os retos da nova política pesqueira común (PCP), nos actos organizados nestas xornadas.
Neste sentido, Antonio Veiga fixo fincapé “na importancia que ten o sector pesqueiro para a economía de Burela e da comarca” e insistiu “na necesidade de aunar esforzos entre todas as administracións públicas para potenciar a actividade productiva da pesca”.
O xoves 10 de maio, a partires das 17:30 horas, celebrarase a primeira xornada técnica, baixo o título “Retos da Nova PCP: Alternativas para a fixación das posibilidades de pesca sostible e a súa xestión”, na que participarán como relatores Enrique Cárdenas González, Subdirector Xeral de Protección dos Recursos Pesqueiros; Mª do Carme García Negro, Doutora do Equipo de Investigación de Economía Pesqueira da USC, e Javier Pereiro Muñoz, Conselleiro Técnico do Instituto Español de Oceanografía.
O venres día 11 pola mañá, como parte da programación destas Xornadas técnicas, vaise celebrar o XIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, e a súa inauguración correrá a cargo do vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga. Neste encontro trataranse temas como os novos rstos da Política Pesqueira Común, novos escenarios na comercialización pesqueira, así como o abastecemento comunitario de gasóleo a prezos rentables.
Ese día pola tarde terá lugar a segunda xornada técnica, que tratará sobre os novos escenarios na comercialización pesqueira na que participarán como relatores Antonio Rodríguez Fernández, Subdirector
Xeral de Pesca e Mercados da Pesca; Aurora de Blas Carbonero, Subdirectora Xeral de Economía Pesqueira; e Iñigo Garcia Alcalde, Executive Retailer Services Spain , The Nielsen Company.
BURELA CONVERTIRÁSE A VINDEIRA SEMANA EN CENTRO NEURÁLXICO PARA O SECTOR PESQUEIRO. JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA QUE AS XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR E O ENCONTRO EMPRESARIAL CUBRIRÁN AS EXPECTATIVAS AGARDADAS E SUBLIÑOU QUE DESTA CITA TEÑEN SAIDO PROPOSTAS E ALTERNATIVAS QUE DESPOIS FORON ASUMIDAS POLAS DIFERENTES ADMINISTRACIÓNS.
Burela, 4 de maio de 2012. Burela convertiráse a vindeira semana en centro neurálxico para o sector pesqueiro. Os días 10 e 11 celébranse as XIX Xornadas Técnicas Expomar 2012 e o XIII Encontro Empresarial e de Organizacións Pesqueiras que organiza a Fundación Expomar. O evento foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. A vila acollerá o 12 de maio o encontro de palilleiras e xa o mércores unha palilleira falará da relación entre o arte do encaixe e o mundo do mar.
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, sublimaba que “desta maneira configuramos unha semana que empeza xa o mércores cunha conferencia a cargo dunha palilleira de Camariñas, que será ás sete da tarde na Casa do Concello, sobre a vinculación do arte de palillar coa muller mariñeira. O xoves e o venres celébranse as xornadas organizadas por Expomar e o sábado será o encontro das palilleiras”.
Sobre as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial González Barcia explicou que “o que se pretende é que o propio sector, xunto cos técnicos e as administracións que teñen competencias nesta materia, plantexen con seriedade e con rigor os problemas que ten o mundo da pesca na actualidade e tamén os restos para o futuro. Os propios profesionais, técnicos e administracións teñen a obriga de poñer enriba da mesa solucións para os problemas que sofren na actualidade e alternativas para o futuro”.
O presidente da Fundación Expomar sinalou que “en materia de pesca estamos moi mediatizados pola normativa legal de rango europeo, aínda que a Xunta ten competencias en materia de pesca, aínda que o goberno central ten competencias tamén, non é menos certo que a normativa comunitaria ata e ata bastante á actividade pesqueira. O que hai que facer é plantexar os problemas con total claridade e solucións”. González Barcia dixo que “o mundo do mar leva tendo problemas desde hai moitos anos, algunhas persoas din que o mundo do mar está en crise permanente, eu considero que é un sector con retos novos día a día. Non é que sexa un sector en crise, é evidente que agora mesmo hai bastantes menos barcos aquí en Burela que había hai 20 ou 30 anos, pero tampouco é menos certo que os barcos se teñen modernizado de xeito considerable. Como decía un representante do sector pesqueiro de Burela temos barcos que xa teñen unha certa idade, pero que están ao día en canto a tecnoloxía e a actualización para poder pescar dun xeito productivo tanto para o armador como para os mariñeiros”.
O rexedor burelés considera que “tanto os encontros como as xornadas cubrirán as expectativas que todos esperamos. De feito é sabido que en máis dunha ocasión desta cita celebrada aquí en Burela teñen saido propostas e alternativas de cara ao mundo da pesca que teñen sido asumidas posteriormente polas diferentes administracións, autonómica, central e europea. Estou seguro de que desta vez ocurrirá o mesmo”.
Diferentes conferenciantes e personalidades se achegarán eses días a Burela. As xornadas serán inauguradas o 10 de maio ás 17:30 da tarde pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o encontro empresarial será inaugurado polo vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, o venres 11 de maio ás 10 da mañá. A clausura de xornadas e encontro correrá a cargo de Andres Hermida, director general de Ordenación Pesquera do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Na presentación desta maña no Concello compareceron ademáis de González Barcia, o vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga; o xefe de coordinación da Área do Mar, Pablo Fernández Asensio, e a secretaria de Fundación Expomar e concelleira do Mar, Patricia López Eijo.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



