O PACTO DE GOBERNO DE UNIFOZ É UN FRAUDE A TODOS OS QUE VOTARON A ESTA FORMACIÓN NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Foz 5 de maio de 2012.- Diante das novas saídas nos medios informativos sobre o ofrecemento do Sr. Cancio ao PP para formar parte do goberno municipal, o BNG ten que manifestar que:
En primeiro lugar, para o BNG esta proposta é un claro fraude a todos aqueles veciños e veciñas de Foz que votaron á candidatura de Unifoz e creron na promesa repetida unha e mil veces de que Unifoz non pactaría con ninguén nin faría un goberno estable se non era collendo eles a alcaldía.
En segundo lugar, o BNG quer manifestar que o Sr. Cancio fai da política un “cambalache” falto de toda coherencia e onde todo vale. Só así se entende que se ofreza a participar do goberno municipal co PP cando estivo criticando e opoñéndose ás políticas que esta partido estivo practicando en Foz desde a Xunta e ao trato discriminatorio que tivo e que ten co noso pobo (véxase Residencia, Centro de Día, Axuda no fogar, urxencias médicas, etc.). Mesmo hai dous días, na Xunta de portavoces celebrada a raíz do plan de axuste, o propio portavoz de Unifoz, o Sr. Cancio, expresou con rotundidade a desconformidade coas formas e co fondo do goberno do Sr. Castiñeira.
Finalmente, o BNG o que si lle pide ao Sr. Cancio –e a Unifoz, se é a opinión maioritaria desta formación- é que desvele as razóns ocultas para este pacto de goberno co PP a estas alturas e en que consiste realmente ese pacto porque a todo o mundo lle sorprende que se ofreza a gobernar agora cando hai dous días estaba dicindo do alcalde que non valía para alcalde.
Remitido























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



