
So Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo superan os 5 mil habitantes. En vermello os 11 concellos que teñen menos de 5 mil habitantes na Mariña
En base ao criterio que manexa o Ministerio de Facenda, que establece que a cifra mínima de habitantes en cada municipio non debe ser inferior a 5.000 persoas, 11 concellos da Mariña veríanse obrigados atopar con quen fusionarse.
Cervo, Xove, Lourenzá, Alfoz, Mondoñedo, Barreiros, A Pontenova, Trabada, O Vicedo, Riotorto e Ourol contan con menos de 5 mil habitantes cada un deles e algún deles supera escasamente os dous mil veciños. Todos estes concellos deberían de buscar con quen asociarse para chegar aos cinco mil habitantes.
Polo contrario Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo cumpren o criterio de contar con máis dos 5 mil habitantes aos que se refire o Ministerio de Facenda. Este criterio non os exime das penurias económicas, a falla de servizos e a carencia de ofertas de futuro.
O interese político de que non funcione a Mancomunidade de concellos de A Mariña e non se compartan servizos é o froito da política interesada en manter feudos persoais e cotos pechados, e é fonte de gran parte dos males. Leva a que nos concellos da costa de Lugo padezan un desequilibrio de poboación, acompañado da descompensación do paro rexistrado, da variabilidade na afiliación a Seguridade Social e da renda por habitante.
————-
Tienen menos de 5.000 habitantes
Más del 60% de municipios gallegos no alcanzan la población mínima que baraja implantar el Gobierno
Besteiro ve “absurdo” el baremo, mientras que Baltar lo avalaría si se decide “a nivel nacional” y por “criterios económicos”
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 May. (EUROPA PRESS) –
Más del 60% de los ayuntamientos con que cuenta actualmente Galicia, un total de 199, se vería obligado a buscar aliados para fusionarse en base al criterio que actualmente maneja el Ministerio de Hacienda, que establece que la cifra mínima de habitantes en cada municipio no debe ser inferior a las 5.000 personas.
Las provincias más afectadas por este posible baremo serían Ourense, ya que 82 de sus 92 municipios tienen menos de 5.000 vecinos, y Lugo, con 54 localidades de este tamaño de las 67 totales. Por detrás se sitúa A Coruña, donde concerniría a más del 40% de sus 94 ayuntamientos, hasta 41; y Pontevedra, porque casi un tercio de sus municipios no superan la cifra que baraja el ministerio (22 de 62).
Esta realidad demográfica de Galicia, caracterizada por la dispersión, no se atajará fusionando ayuntamientos. Es lo que defiende el documento que la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) entregó al Gobierno como base del debate sobre la reforma de la administración local y de su financiación.
En concreto, pone de manifiesto que la supresión de ayuntamientos “no modifica” la realidad de los asentamientos de población, que “seguirán existiendo” pese a la consideración jurídica que se les otorgue. Es también la opinión de la Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), cuyo presidente, José Manuel Rey Varela, ve “altamente perverso” abordar la >>>

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



