Entre as actividades complementarias mañá e pasado vaise encher de cor a zona das Catro Rúas. Estade atent@s ás tapas…dos sumidoiros! Esta fin de semana, sae arte nelas! Artistas integrantes da plataforma Sonda Norte vanas “intervir” coas súas creacións. Elas e eles son: Áxela López Pulpeiro, Ribadeo, 1983. Nacho Riesco, Madrid, 1973. Andrea Lobardía, A Veiga, 1990. Héctor Peña, Ribadeo, 1981. María Teresa Castro, Mieres, 1955. Ángel Sanz, Ribadeo, 1967. Jotace-Jorge Álvarez Conde, Ribadeo, 1989. Fernando Couto, Sâo Paulo, 1988










No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



