Non puido ser…
O Burela FS Pescados Rubén quedou onte ás portas de lograr o ascenso, arroupado por un centenar de afeccionados laranxas, e de acompañar así ao Oxipharma a próxima tempada en Primeira. Na sétima tentativa por coarse na elite cruzouse o Sala 5 Martorell, un rival que conseguiu remontar a desvantaxe de Vista Alegre sen ser superior no desenlace da eliminatoria.
Onte, no terceiro e definitivo partido, o conxunto catalán impúxose por 5-1,
castigo inxusto para os mariñáns que foron gañando peso na pista e no xogo co paso dos minutos, aínda que sen fortuna na finalización.
Ficha técnica
Sala 5 Martorell: Pol, Julio, Jordi, Diego Blanco, Marc Areny; tamén xogaron Negro, Suzuki, Ignasi, Álex Peramos, Cintu e Guille Aubauch.
Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Víctor, Iago Míguez e Juanma; tamén xogaron Purao, Clebinho, Christian e Ique
Goles: 1-0, minuto 2, Diego Blanco; 2-0, minuto 32, Marc Areny; 3-0, minuto 36, Marc Areny; 4-0, minuto 38, Jordi; 4-1, minuto 39, Clebinho; 5-1, minuto 39, Cintu
Tarxetas amarelas: Marc Areny e Cintu, polo Martorell, e Juanma e Ique, polo Burela FS



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
