Onte tivo lugar o II Open de Pesca Real Club Náutico de Ribadeo, que se desenvolveu con éxito a pesares de que o mar e o vento obrigaron a desenvolver parte da mañá de pesca na mesma ría. Os premiados foron os seguintes:1º-Rubén Prieto do Club del Mar de Castropol, 2º-Luis Ruiz do Club Boliche de Cantabria, 3º-Rosana Prieto do Club Boliche de Cantabria, que tamén obtivo o premio á primeira dama, E o premio ao peixe maior foi para María José García, do Real Clube Náutico de Ribadeo. Os 25 participantes na xornada compartiron un xantar no hotel restaurante Voar, donde tivo lugar a entrega de agasallos aos vencedores deste II Open de Pesca Real Club Náutico de Ribadeo. O acto estivo presidido polo responsable da entidade, Mario Coto.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



