BURELA CELEBRA O IVº ENCONTRO “LETRA VIVA” EN RECORDO DE CELSO EMILIO FERREIRO E DO ARMADOR LOCAL JOSÉ ANTONIO LESTAO
No evento, que clausura as actividades da área de innovación educativa do Instituto Perdouro, participa Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
A biblioteca do Instituto Perdouro acollerá o primeiro dos actos académicos de clausura das actividades do Proxecto de Innovación Educativa programados para a xornada do día 27 de xuño. Áss 11:00 horas está prevista a recepción das autoridades, entre as que figuran o alcalde de Burela, Xosé González Barcia, e o Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Tras unhas palabras de benvida pronunciadas por Juan Sama Díez (director do centro) e por María José Andión Fontela (coordinadora da área de Innovación Educativa), procederase á proxección de tres vídeo-poemas realizados por alumnos e alumnas de 4º de ESO sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, unha actividade que estivo coordinada pola profesora Miruca Parga Valiña. Seguidamente, cerrarán o acto as intervencións de Anxo Lorenzo e de Xosé González Barcia.
Ás 11:30 unha comitiva formada polas autoridades, acompañadas polo alumnado e por representantes do profesorado, fará un paseo urbano entre o Instituto Perdouro e a Praza do Concello, con parada na Rúa Celso Emilio Ferreiro. Ao mediodía, diante do consistorio procederase á presentación da campaña “Eu Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro” impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A citada campaña é unha actividade programada polo departamento do goberno galego “para favorecer, desde un ton sinxelo e vinculado ao lecer, un maior coñecemento do autor entre os residentes nas rúas Celso Emilio Ferreiro das 28 localidades de Galicia que a incorporan no seu rueiro. A campaña consiste na distribución nas casas dun folleto con información detallada sobre o autor e sobre a súa obra”.
Ás 12:00 horas tomará a palabra o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para presentar a campaña a desenvolver en diversas localidades da provincia de Lugo. Seguidamente, realizarase un recital de poesía no que interveñen persoas estreitamente vinculadas ao desenvolvemento do Modelo Burela de Planificación Lingüística. A estudante de Medicina Lucía Barrera, o cineasta Matías Nicieza, o estudante paquistaní Umer Mohammad, a intérprete Alba García Pico e os profesores Karina Parga e Juan G. Sama recitarán diversos poemas de Celso Emilio Ferreiro.
A xornada cultural finalizará ás 20:30 horas, coa descuberta dunha placa de homenaxe a José Antonio Lestao Manzano (1893-1974), un veciño de Burela moi implicado na consecución de infraestruturas portuarias, educativas e de servizos sociais para a localidade. Este acto celebrarase no xardín da vivenda familiar construída por iniciativa de Lestao Manzano en 1937 e que está situada na intersección da rúa das Flores coa de Celso Emilio Ferreiro.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



