A Deputación abre oportunidades laborais ós mozos titulados da provincia con 70 novas bolsas de emprego en Europa
– O Presidente explicou que a estas becas, financiadas ó 70% pola UE, poderán optar, a custe cero, xóvenes con formación relacionada co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo, ciencias da vida e audiovisuais
– Os beneficiarios farán prácticas durante un período de entre 3 meses e 3 meses e medio en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido
– Dous dos beneficiarios das primeiras becas medioambientais da Deputación animaron ós mozos lucenses a apuntarse neste novo programa porque as estadías no estranxeiro supoñen “unha experiencia valiosísima para o currículo”
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves en rolda de prensa unha nova iniciativa impulsada polo organismo lugués e cofinanciada pola Unión Europa para abrir oportunidades laborais ós mozos titulados da provincia, tanto na Universidade, como en FP. Trátase de 70 bolsas de emprego en Europa, ás que, explicou Gómez Besteiro, poden optar, a custe cero, mozos lucenses recén titulados en profesións relacionadas cos seguintes sectores: medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo, ciencias da vida (bioloxía, medicina, biomedicina, bioquímica, botánica…) e audiovisuais.
O mandatario provincial destacou que este novo proxecto de inserción laboral, “que damos a coñecer poucos días despois de poñer en marcha a segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego, no que se inscribiron 764 persoas”, é posible grazas “á confianza que volveu a depositar en nós a Unión Europea”, pois trátase de becas concedidas por primeira vez á Deputación a través do Plan de Formación Leonardo da Vinci. Neste senso, o Presidente indicou que a institución luguesa foi “a segunda entidade galega, despois da Universidade da Coruña, á que lle outorgaron un maior número de becas Leonardo na convocatoria de 2011, e somos a única Deputación de Galicia á que lle aprobaron dous programas de becas diferentes: para universitarios e para Formación Profesional. As bolsas están dotadas cun orzamento de 309.000 euros, dos que a UE achega o 70%, é dicir, 210.000 euros. Os beneficiarios farán prácticas en empresas de 6 países europeos -Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido- durante un período de entre 3 meses e 3 meses e medio.
Gómez Besteiro subliñou a necesidade de impulsar iniciativas que favorezan a inserción laboral dos máis novos porque son un dos sectores de poboación máis castigados polo paro. Segundo datos de xuño das oficinas públicas de emprego, lembrou, “dos 26.737 desempregados cos que terminou o mes en Lugo, o 21% son menores de 30 anos”, a taxa máis alta das catro provincias galegas.
“Un punto de inflexión no currículo”
Co Presidente estiveron dous dos mozos beneficiarios das primeiras becas medioambientais Lug02, desenvolvidas pola Deputación o pasado ano, Andrea Campillo Rey, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, e Wenceslao Posada Bolaño, enxeñeiro técnico industrial, que relataron a súa experiencia como becarios de Lug02 en Alemaña e animaron á xuventude lucense a participar no novo proxecto formativo da Deputación “porque é unha experiencia valiosísima para o currículo, pode supoñer un punto de inflexión”. Ámbolos dous mozos teñen a día de hoxe traballo na provincia.
Andrea Campillo instou ós xóvenes “a lanzarse a saír ó estranxeiro porque, ademais dos coñecementos teóricos, ó coñecer outra forma de traballar, outra cultura… adquires unha seguridade persoal moi valiosa de cara ó futuro, sobre todo para enfrontarte a unha entrevista de traballo”. Pola súa banda, Wenceslao Posada, indicou que proxectos como as bolsas da Deputación “alivian o risco económico ó que ós mozos que queren saír fóra teñen que enfrontarse”, ademais de resaltar a aprendizaxe de idiomas que leva consigo, “o coñecemento doutra cultura do traballo, como funcionan as empresas… en definitiva, que hai outros mundos, e a posibilidade de traer ideas para aplicalas aquí. De feito, eu teño en marcha unha iniciativa emprendedora, que pode saír ben ou non, pero tamén hai que asumir riscos para saír adiante”.
Dous tipos de becas
As 70 becas Leonardo que ofrece a Deputación son de dous tipos:
– As Lugojob, solicitadas pola propia Deputación, e que teñen 50 prazas. Están dirixidas a mozos da provincia menores de 35 anos que conten cunha titulación universitaria acadada nos últimos catro anos e que se atopen en desemprego, preferentemente sen experiencia laboral previa. As titulacións deberán estar relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. Os beneficiarios farán prácticas durante tres meses e medio en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.
– As Ticlugo, xestionadas pola fundación TIC. Neste caso son 20 prazas, especificamente destinadas ós titulados da escola de imaxe e son (EIS), o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, e que está sostida ó 100% pola Deputación. Os aspirantes a estas becas –as primeiras que ofrece a TIC no estranxeiro- teñen que ter terminado nos últimos tres anos os estudios de Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, na Escola de Imaxe e Son. Darase prioridade a persoas en situación de desemprego e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. O período de prácticas será de tres meses en empresas de Belfast, Modena e Lisboa. Con estas bolsas, a TIC potencia as medidas de inserción laboral que xa está a desenvolver.
A Deputación de Lugo dirixe 50 das becas a universitarios para adaptarse ás condicións establecidas pola Unión Europa para os programas Leonardo, aínda así, a firme aposta do organismo provincial pola FP fixo posible ofrecer 20 bolsas nestas titulacións.
Os prazos
Hoxe mesmo a Deputación inicia unha campaña de información sobre estas bolsas de emprego, colgando na súa web www.deputacionlugo.org as súas características e os requisitos para acceder a elas, co fin de que o maior número de mozos posible teñan a posibilidade de beneficiarse delas. Na web encontrarán tamén números de teléfono e direccións de correo electrónico ós que poden dirixirse para facer consultas.
Tal e como pide a UE:
– En setembro publicaranse as bases de selección e, inmediatamente, abrirase o prazo para inscribirse
– En outubro farase o proceso de selección e publicarase a lista de admitidos e excluídos na web provincial
– En novembro tramitarase a documentación para que os mozos seleccionados poidan partir en xaneiro ó país de destino, onde recibirán formación ata finais de maio, principios de xuño.
Preto de 150 becas
Con estas 70 novas becas, “serán preto de 150 as que levamos impulsado na Deputación para abrir novas oportunidades laborais ós mozos lucenses”, destacou o Presidente. Deste xeito, ademais das de Lug02, o organismo provincial ofrece as de guías medioambientais especializados nas Reservas da Biosfera, que están agora mesmo en marcha; e desenvolveu as de innovación, pioneiras en Lugo neste sector; e as de artesanía e deseño; “o que da boa conta de que atallar a caída demográfica con emprego é a nosa prioridade número un”, afirmou Besteiro





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



