Este sábado, día 7 de xullo, representouse por segunda vez a obra de teatro titulada “Asasinato na tenda de roupa”, a cargo do Grupo de Teatro Xuvenil dos concellos de Alfoz e O Valadouro. A estrea desta obra fora o pasado día 30 de xuño na Casa da Cultura do Valadouro, e agora, o día 7, repetiuse na Casa da Cultura de Alfoz. Alberto, Daniel, Andrea, Nerea, Eva, Tania, Selene, Alma, Laura, Lorena, Claudia e Paula protagonizaron unha divertida comedia de detectives. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz rexistrou un cheo practicamente total.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



