MÁIS DE 300 ILUSIÓNS HONRARON A MEMORIA DE RODRIGO MASEDA
Luns 9 de xullo. A bisbarra mariñá pechou onte a primeira edición do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base, con máis de 300 pequenas ilusións futbolísticas que honraron na pista a memoria do homenaxeado, o mozo policía burelao Rodrigo Maseda Lozano. Os pavillóns Vista Alegre, Monte Castelo, A Veiga-San Cibrao e Marzán-Foz acolleron un recital goleador, no que todos os participantes fixeron numerosos méritos para facerse cos ansiados trofeos.
O histórico madrileño UD Las Rozas Boadilla impúxose en dúas das catro categorías, benxamín e infantil. O premio de alevíns quedou na comarca, na vitrina de ADFS A Mariña, e o de cadetes gañouno a ED Vigo 2015. A deportividade brillou na comarca, cos títulos para ED EON Burela FS B (benxamín), Ribadeo FS (alevín) e San Cibrao (infantil); os madrileños destacaron polo xogo limpo na categoría cadete e impuxéronse como pichichis en benxamíns, alevín e infantís.
O acto da clausura do Memorial Rodrigo Maseda Lozano contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro; o alcalde de Burela, José María González Barcia; e Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación, xunto a José Ramón Maseda, irmán do homenaxeado.
BENXAMÍN
Equipo máis deportivo – ED EON BURELA FS B
Máximo goleador – DAVID VICENTE (Boadilla A) // DIEGO FERNÁNDEZ (A Mariña)
Mellor xogador – HUGO RODRÍGUEZ (A Mariña)
CAMPIÓN – UD LAS ROZAS BOADILLA A
SUBCAMPIÓN – ADFS A MARIÑA
3º CLASIFICADO – TROULA FS
ALEVÍN
Equipo máis deportivo – RIBADEO FS
Máximo goleador – IGNACIO DE MIGUEL (Boadilla)
Mellor xogador – ANTÓN BASTEIRO (Troula FS)
CAMPIÓN – ADFS A MARIÑA
SUBCAMPIÓN – ED EON BURELA FS A
3º CLASIFICADO – UD LAS ROZAS BOADILLA
INFANTIL
Equipo máis deportivo – SAN CIBRAO
Máximo goleador – ALBERTO DÍAZ GUERRA (Boadilla)
Mellor xogador – MARIO OLIVA (Boadilla)
CAMPIÓN – UD LAS ROZAS BOADILLA B
SUBCAMPIÓN – ED VIGO 2015
3º CLASIFICADO – ED EON BURELA FS
CADETE
Equipo máis deportivo – UD LAS ROZAS BOADILLA B
Máximo goleador – SAMUEL FERNÁNDEZ (ED Vigo 2015)
Mellor xogador – HÉLDER GONÇALVES (CD Burela FS A)
CAMPIÓN – ED VIGO 2015
SUBCAMPIÓN – CD BURELA FS A
3º CLASIFICADO – CD BURELA FS B

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
