RESUMO REUNIÓN 29-07-2012
1) Intentei explicar a xente do mellor xeito posible e segundo a información que me consta as dúas únicas vías que hai neste momento para recuperar os nosos aforros: Arbitraxe e Demanda Xudicial.
2) Insistín en que cada quen se informe pola súa conta e contraste toda a información debidamente tanto na entidade bancaria como nas oficinas de consumo ou ben cun despacho de avogados antes de tomar unha decisión.
3) Como portavoz da plataforma quero deixar claro que a partires de agora e depois de coñecer as dúas vías, cada quen terá que analizar o seu caso de forma individual e persoal para tomar unha determinación do que vai a facer e por que vía se vai a decantar.
4) Dende a Plataforma non vou a aconsellar nin recomendar ningunha das vías a ningún dos afectados, cada quen terá que decidir LIBREMENTE E DESPOIS DE ANALIZAR O SEU CASO POLO MIÚDO o que vai a facer.
5) A Plataforma da Mariña vai a seguir en activo informando e asesorando a quen o precise de todo o que levamos feito ata o de agora e seguirei proporcionando información sobre estas dúas vías de reclamación das que dispoñemos a quen o precise pero sempre recalcando que a decisión final a adoptar e cousa individual e persoal.
6) Tomei esta determinación porque eu non son ninguén para aconsellar por que vía ten que ir cada afectado, entendo que é algo que o ten que decidir cada persoa de forma individual e persoal, xa que non quero que o día de mañá poidan dicir que dende a Plataforma se lles aconsellou unha das vías e que non foi a solución.
7) Seguimos coas manifestacións programadas:
– Xoves día 2 de Agosto en Viveiro: Saída as 11 da Praza Maior.
– Mércores día 8 de Agosto en Ribadeo: Saída as 11 do Cantón.
8) Para calquera dúbida ou consulta poden chamar ao número: 608 191 779
** A semana que vén haberá unha charla informativa en Foz para explicar en que consiste exclusivamente o arbitraxe de NGB no caso das preferentes, será impartida por Miguel López Crespo (Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia). Está o día e a hora por confirmar pero mantereivos informados. Esta charla vai a ser exclusivamente para afectados polas participacións preferentes de NGB.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



