O Partido Popular Mindoniense pregunta o Sr. Alcalde as xestión que fixo ata a data para garantir que o Complexo de Vilar sexa unha realide
Os populares, piden o equipo de goberno que solicite en colaboración e coordinacion con concellos da zona un OBRADOIRO DE EMPREGO
O grupo popular recorda que esta era unha reivindicacion especialmente fundamentada na situacion de crise económica que sufre a nosa localidade
O PP local insiste en que a inactividade e deixadez do equipo de goberno non axuda a mellorar a situacion
Mondoñedo, 8 de agosto de 2012- O Partido popular de Mondoñedo, quere saber as xestións que fixo o equipo de goberno nos ultimos cinco anos para a posta en marcha do complexo de vilar, a vez que solicitan que se fagan as xestións precisas para concurrir a orde en vigor para contar cun obradoiro de emprego.
O pp xa plantexara en sesións plenarias anteriores, a necesidade de solicitar un obradoiro en emprego para Mondoñedo sendo imprescindible que o faga de xeito coordinado con concellos da zona,
E importante ter en conta que ainda que acaden unha resolución favorable e imprescindible coñecer se os propietarios teñen dispoñibilidade de prorroga dado que o contrato está a piques de rematar e de non facer as xestións oportunas os inmobles, coas suas correspondentes inversións revirten os propietarios.
A pesar de preguntar en moitas ocasións, nunca nestes 5 anos tivemos unha contestación concreta e firme acerca das xestións que o equipo de goberno fixo cos propietarios, e todo parece indicar que nos 5 anos de responsabilidade de goberno NUNCA SE CONTACTOU POR PARTE DO BIPARTITO COS PROPIETARIOS DOS INMOBLES





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



