O Concello de Cervo transmítelle os seus parabéns a David Cal pola quinta medalla olímpica
-O padexeiro cangués estivo vinculado a Cervo nos últimos tres anos, nos que pasou longas temporadas adestrando para os Xogos Olímpicos no encoro de Río Covo
![]()
Cervo, 8 de agosto de 2012-O Concello de Cervo quere manifestar publicamente a súa alegría, compartida por todos os galegos e españois, polo histórico papel do cangués David Cal nos Xogos Olímpicos de Londres. O padexeiro conseguiu unha medalla de prata que, sumada aos outros catro metais dos Xogos de Atenas e Pequín, convérteno no deportista español máis laureado nas Olimpíadas. O pentacampión competía na proba de C1 1.000 metros, para a que estivo adestrando nos últimos tres anos no encoro de Río Covo, onde pasou longas temporadas xunto ao seu preparador, Suso Morlán. “David Cal foi acollido en Cervo como un veciño máis, e os cervenses amosáronlle nestes anos todo o seu agarimo e lle transmitiron os seus mellores desexos de cara aos Xogos Olímpicos” explica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Ao mesmo tempo, o rexedor manifestouse moi agradecido co cangués: “Dende o primeiro día, David estivo moi preto da veciñanza e implicouse en multitude de actos organizados en Cervo. Compartiu o seu tempo con pequenos e maiores, participou en actividades relacionadas co piragüismo e co deporte e foi un estupendo embaixador de Cervo, destacando alá onde foi preguntado as moitas bondades do noso municipio e das nosas xentes”.
Villares amosouse “moi feliz” pola medalla de prata de David Cal e dixo “non ter dubidado que a súa participación nos Xogos Olímpicos de Londres faría historia. Só había que velo adestrando, a súa tenacidade, a súa forza de vontade, a súa enerxía e o seu optimismo que, unidos ás súas capacidades sobrehumanas, facían presaxiar que levaría para casa a quinta medalla olímpica”. O mandatario cervense asegura que “para o Concello, para a veciñanza e por suposto para min como alcalde, é unha honra ter contado no noso municipio cunha figura como David Cal, exemplo de como con esforzo e constancia se pode chegar ao máis alto, incluso en cinco ocasións”.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
