Cita declarada de interese turístico galego
ESTE SÁBADO SAN CIPRIÁN CELEBRARÁ A FESTA DA MARUXAINA CO REPARTO DE PRETO DE 2.000 LITROS QUE QUEIMADA
As charangas os KILOMBEROS e CHARANGOS DE NEDA amenizarán a xornada con pasarúas e sons de gaitas, trompetas e moita percusión.
San Ciprián 8 de agosto de 2012.- Xa está todo preparado para que este sábado, 11 de agosto, San Ciprián acolla a súa festa máis multitudinaria, a que dedican á lenda da Maruxaina, declarada de interese turístico galego.
A Comisión de festas, veciños e o Concello de Cervo colaboran na organización dos últimos detalles dunha cita na que se repartirán preto de 2.000 litros de queimada. Será ás 00.30 horas, na madrugada do sábado ao domingo, cando os maruxainos -cos traxes típicos de mariñeiros e de peixeiras, propios de principios do século pasado- recibirán á sirena na praia de O Torno, precedida dun espectáculo de fogos artificiais. O broche final correrá a cargo das orquestras GRAN PARADA e TROLE, na verbena da praza dos Campos.
Pero a Maruxaina non só é unha festa que se vive pola noite. Desde primeira hora da mañá do sábado, e incluso xa na tarde-noite do venres anterior (día 10) hai un conxunto de actividades organizadas para festexar este evento que se prevé multitudinario, a xuízo da xente que se interesou por acudir á festa ou que ten confirmada a súa asistencia a través das redes sociais. No programa dúas actividades tradicionais destacan sobre o resto: o xantar da irmandade Maruxaina, que ten lugar na praia do Torno e noutros puntos da vila, a partir das 14.30h do sábado -o Concello ten previsto ceder case 50 taboleiros aos veciños que os pediron para que sirvan como mesa- e os xogos olímpicos maruxainos, pola tarde, aos que están todos convidados a participar, a xogos como a carretilla, o verme, a cucaña,… será a partir das 19horas tamén na praia do Torno.
Para contribuír a engrandecer máis aínda o ambiente “festeiro” as charangas os KILOMBEROS e CHARANGOS DE NEDA amenizarán a xornada con pasarúas e sons de gaitas, trompetas e moita percusión.
MARUXAINA SOLIDARIA
A Comisión de Festas quere lembrar finalmente, que este ano todos aqueles que colaboren coa adquisición dos produtos oficiais da Maruxaina (tazas para a queimada, camisetas,… etc) ademais de axudar á organización da mesma estarán contribuíndo a unha gran labor social, a da fundación EU SON e ASPANANE que foron as encargadas de elaborar estas prendas e cerámica, a través dos seus obradoiros integrados por persoas con discapacidade ou necesidades especiais.
Ao mesmo tempo desde a organización explican que tanto mañá xoves no mercado da praza dos Campos, como o venres a partir das 19horas, como o sábado a distintas horas do día, a Comisión de Festas habilitará diversos postos de venda dos produtos maruxainos. No caso do venres a venda incluirá unha degustación a prezos módicos de bolos preñados e empanadas, diante do Museo do Mar.
COMISIÓN DE FESTAS DE SAN CIPRIÁN 2012
LENDA DA MARUXAINA
Contan os nosos devanceiros que nas illas dos Farallóns, alí onde o mar Cantábrico bate a súa forza coa pedra, ten a súa morada unha nereida con corpo de muller e cola de peixe.
Matinan os mariñeiros que ten un palacio submarino na cova de Xan Vello, entre as algas, corais, lámparos e percebes e que, nos días galernosos onde a chuvia e o vento amosan o seu poder de súpeto, deixase ver sobre o curuto da Sombriza ou nos penedos de A Baixa e o Pé, sempre fiando co fuso e a roca…
A súa presenza ten dúas facianas: ás veces amósase como unha doncela de louros e longos cabelos, que canta engaiolando e atraendo aos mariñeiros. Noutras, a súa cara semella a dunha fea meiga de ollos afundidos e longos dedos que pretenden atrapar ás xentes do mar.
En canto das súas intencións, a dualidade volvese presente: Uns din que é boa, que avisa dos temporais e dos perigos que o mar agocha traidor debaixo do seu manto da ondada. Pola contra, outros aseguran que é a súa intención é sinistra, que engana aos navíos para levalos ás rochas e así poder atrapar aos mariñeiros, presa dos celos e da envexa da felicidade do fogar da que gozan durante o inverno, onde os barcos invernan no esteiro do río.
Sen ser quen de dilucidar isto, os habitantes do lugar conviñeron celebrar, no segundo sábado de agosto de cada ano, un xuízo para dirimir as súas culpas ou perdóns. Para iso os avezados mariñeiros de San Ciprián achéganse aos Farallóns para pescala e traela á praia,cantando e bailando ata o amencer se é exculpada e queimándoa ao rematar a festa se é condenada.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



