VEIGA CHAMA Á SOCIEDADE DA MARIÑA A UNIRSE PARA SALVAR O FERROCARRIL
“O PP converteuse nun perigo público para a comarca”, afirma o BNG
Os nacionalistas expresan o seu apoio a mobilización sindical de mañá que terá lugar diante da delegación de Facenda en Foz ás 12 da mañá
A Mariña, 9 de agosto de 2012. O Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga valorou na xornada de hoxe a posición da dirección de FEVE de manter os recortes nas liñas de ferrocarril na Mariña de Lugo no sentido de que “esta decisión vai afondar na discriminación do norte galego, privándoo dun servizo que é central para articulación territorial do mesmo, como xeito de transporte de viaxeiros, tamén como elemento de dinamizador da nosa economía, dada a súa utilización para o transporte de mercadorías, pero sobre todo porque na Comarca da Mariña pretendese suprimir un servizo que se está reforzando noutros territorios de estado. En definitiva a supresión deste servizo vai significar un outro factor de atraso comparativo para a zona e por conseguinte avanzar no subdesenvolvemento da Mariña”.
“Imos esixir de FEVE que garanta as liñas de ferrocarril actualmente existentes na comarca e neste sentido esixiremos do conxunto da sociedade da Mariña unha resposta unánime e contundente para que muden a súa posición” afirmou Veiga, que fixo un chamamento “á unidade de acción do conxunto das forzas políticas, axentes sociais e colectivos da Mariña para manter FEVE e paralizar esta decisión. Non podemos dar por boas razóns utilizadas pola dirección da compañía pública e do Partido Popular xa que un servizo público como é este non pode funcionar unicamente atendendo a criterios de mercado. É máis, as decisións de FEVE nos últimos anos a hora de fixar ou suprimir liñas ou mesmamente o recorte de liñas que se propón agora demostra que a empresa non ten como obxectivo garantir as liñas máis rendíbeis economicamente, pois son precisamente estas as que está reducindo. Ao cabo a secuencia lóxica destas decisións non é nin máis nin menos que a conclusión dun plano perfectamente definido polo cal o Ministerio de Fomento quere suprimir o Ferrocarril da Costa”.
O Portavoz Comarcal do BNG afirmou que “o PP está a converterse nun autentico perigo público para a poboación da Mariña do que FEVE non é máis que un exemplo, posto que aquí tamén chove sobre mollado. Desmantelan o Hospital da Costa, sitúan á Mariña nos niveis de destrución de emprego da Comarca do Vigo, aumentando o paro desde a súa chegada ao Goberno da Xunta na zona nun 97%, non poñen riba da mesa solucións que garantan o problema de Alcoa, eliminan as prestacións sociais e por riba de todo iso menten e enganan a cidadanía. Estamos diante dun partido que apoia un goberno que goberna en fraude de lei, até o punto de que o problema da nosa comarca máis que a crise é a xestión que da mesma fai o PP, unha xestión que vai na dirección de apoiar aos poderosos e aos territorios máis desenvoltos do Estado en oposición a territorios como o noso”.
Xa por último Antonio Veiga chamou a participar na mobilización convocada polas organizacións sindicais para mañá venres 10 de agosto ás 12:00 h diante da Delegación de Facenda de Foz. “É hora de revolta contra as políticas do PP, revolta que se ten que dar na rúa e tamén nas institucións, posto que calar é ser cómplice dunhas políticas que condenan a miseria a xente e que arruínan zonas como a nosa. Son tempos tamén de insubmisión contra as políticas dun partido que perde calquera credencial de democracia cando lle nega o dereito a saúde a veciños e veciñas nosas, cando condena a exclusión a outros tantos veciños e veciñas nosas. Isto é por riba da lei está a xustiza e é obvio que non hai unha soa decisión política do PP que camiñe nesa dirección”, acabou Veiga.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



