EXISTEN OUTRAS PROPOSTAS
Nos últimos meses escoitei en diversas ocasións, case sempre en boca do ministro de Facenda e Administracións Públicas, que os recortes levados a cabo nas contas públicas españolas e o noso Estado do Benestar, foron porque “non había outra opción”.
Comprendo que cando a cantilena da “ herdanza recibida” comeza a cheirar a naftalina ao comparar os datos dos gobernos socialistas e o actual, instalouse a urxencia de cambiar a letra. Pero máis aló das escusas para saír do atasco, hai unha auténtica declaración ideolóxica detrás de tal afirmación.
Pretenden difundir o falso axioma de que os recortes son necesarios porque durante todo este tempo estivemos vivindo por encima das nosas posibilidades. Algo incerto xa que perante os anos de crecemento económico as contas públicas españolas chegaron a ter superávit. Queren facernos crer que as prestacións sociais, a educación pública e a sanidade gratuíta universal, son luxos que non podemos permitirnos. E, con iso, introducir a súa proposta de modelo de Estado coa man destra mentres impulsan debates ficticios mediante os seus provocadores oficiais.
O certo é que o actual sistema fiscal non resulta suficiente para conseguir un equilibrio orzamentario que permita garantir esas prestacións e é necesario recortar o déficit, si, pero non como está facéndoo o Partido Popular: existen outras propostas que non soamente non xeran este intolerable custo social, senón que ademais contribuirían a que a nosa fiscalidade tivese unha maior capacidade redistributiva (ademais de recadatoria) e recuperase progresividade.
Imposto ás grandes fortunas. Tras a reposición do reformado imposto sobre o patrimonio polo PSOE en 2011, estaba prevista a implantación deste tributo que xa se aplica noutros países europeos. Na súa falta, o PP agora podería seguir aplicando o primeiro xa que en 2012 deixa de estar operativo. As previsións máis prudentes estiman en 3.000 millóns de euros a cantidade que podería recadarse co novo gravame. Exactamente a cantidade que se recortou hai pouco en Educación..
Imposto de sociedades. Aínda que os tipos previstos en España atópanse dentro da media europea, as deducións existentes permiten que as grandes empresas paguen un tipo real próximo ao 17% cando o tipo nominal aplicable é do 30%. Isto prexudica, ademais, ás PEMES que non compiten nas mesmas condiciones que as súas homólogas de maior tamaño. É necesario, xa que logo, reformular este tributo. Unha modificación que permitiría ingresar 7.000 millóns de euros. Máis ou menos a contía que se recortou na sanidade.
Aumento do 10% do imposto sobre o tabaco e o alcohol. A proposta deixaría o viño e a cervexa exentos de tal subida, pero o resto de licores aumentaría o seu gravame nesa porcentaxe xunto co tabaco. O ingreso previsto estímase en, polo menos, 1.000 millóns de euros.
Eliminación das deputacións provinciais. A súa supresión reportaría outros 1.000 millóns de euros.
Trátase, xa que logo, de 12.000 millóns de euros, nin máis nin menos, que permitirían reducir o déficit sen necesidade de adoptar opcións traumáticas para os cidadáns e dramáticas para as propias contas públicas. A diferenza da desproporcionada e inxusta subida do IVE ou a introdución de taxas xudiciais, que repercuten en toda a poboación sen importar a súa capacidade económica ou situación laboral.
Existen outras propostas igualmente importantes, como a implantación de moitas máis medidas contra a fraude fiscal, e non a actual amnistía, que deben abordarse.
Polo tanto, é absolutamente falso que non haxa outras opcións. Sinxelamente non queren abordarse porque o Partido Popular non cre nunha saída social desta crise. Os seus erros nas medidas adoptadas para acurtar o déficit están xerando máis recesión, máis perda de poder adquisitivo, máis parados. O consumo, entón, diminúe e con el a recadación, o cal obriga, paradoxalmente, a máis recortes. Un efecto perverso no que o actual Goberno tennos sumidos.
Otero Regal.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



