Na Semana Europea da Mobilidade que ten como lema “Movéndonos na dirección correcta”:
Os EcoGaleguistas propoñen diferentes propostas para un cambio radical de concepto de mobilidade cara a un modelo sustentable
Espazo Ecosocialista denuncia que Galicia móvese na dirección contraria á mobilidade sustentábel
Cando chega ao seu remate a Semana Europea da Mobilidade, nesta ocasión co lema “Movéndonos na dirección correcta”, Espazo Ecosocialista considera que ao noso país non chegou a mensaxe.
As cifras de accesos en automóviles das principais cidades galegas seguen a dar arrepíos: Vigo suma máis de 220.000 entradas diarias de vehículos na cidade, Compostela ronda as 100.000, A Coruña os 250.000, Pontevedra 55.000, Lugo 60.000, Ferrol 50.000 e Ourense 41.000.
As iniciativas das distintas administración son escasas na pretensión de reducir este grave problema e intensas na de incrementalo, como consecuencia dos plans de estradas que as distintas administración veñen propoñendo desde hai décadas. O último foi o tan publicitado Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-2015 (Move) do goberno Feijoo, que pretendía duplicar as vías de alta capacidade de Galicia, desbaldindo 4.000 millóns de euros dos orzamentos públicos no transporte por estrada, o máis contaminante, o de maior impacto na configuración do territorio, o de maior consumo enerxético e o máis insolidario socialmente.
Na banda contraria, as administracións públicas ben pouco esforzo teñen desenvolto a prol do trasporte público colectivo e polos modos de transporte non contaminantes. Apenas dous casos que exemplifican claramente a importancia que teñen para os nosos gobernantes. No ano 2003 a Consellería de Política Territorial, daquela co conselleiro Feijoo á cabeza, presentaba con amplísima cobertura de medios a implantación do o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia co obxectivo de implantar o billete único metropolitano con cobertura para o 60% dos galegos. Estamos practicamente pechando o ano 2012 e unicamente contan con Plan de transporte metropolitano Coruña, Ferrol, Compostela e Lugo. O segundo exemplo e o anunciado Plano de Mobilidade Alternativa do que se fixo tamén una grande despregue informativo a principios de lexislatura. Estamos no remate e nunca máis escoitamos falar do plan.
En definitiva, esta teima pola construción de máis infraestruturas para o tráfico rodado, só pode supoñer o seu incremento polo denominado “efecto chamada”: a desconxestión que supón a apertura dunha nova infraestrutura invita ao seu uso por un número cada vez maior de usuarios que antes optaban por outras alternativas, chegando nun horizonte de 15 anos novamente a niveis de saturación importantes. A propia UE no seu informe Transport 2000 recoñecía que a maioría dos países europeos tiñan sobordado o punto no que calquera incremento do tránsito resulta contraproducente: a suma de efectos negativos anula os posíbeis beneficios.
Non precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de transporte. Neste momento crítico da crise sistémica que estamos a padecer, os investimentos públicos débense facer pensando nun modelo de sociedade e territorio enerxética e ambientalmente viábel e socialmente solidario, no que as necesidades da cidadanía poidan ser cubertas dende a proximidade dos servizos, potenciando as redes locais de produción e consumo, poñendo en circulación o seus recursos económicos para reactivarse economicamente desde a sustentabilidade. A mobilidade sostible tamén é una fonte de emprego moi importante. Un estudo recente de ISTAS cifraba o potencial en 450.000 emprego, ademais dos considerábeis aforros en consumo enerxético, emisións contaminantes e corrección da balanza de pagos.
É por isto que Espazo Ecosocialista quere facer un chamamento as distintas Administracións para que desenvolvan una mudanza radical do modelo de transporte a prol da sustentabilidade implementando medidas en distintos campos entre outras propomos:
Implantación de Planos de Mobilidade Sostible en todas as comarcas, adaptados a súa realidade demográfica e xeográfica e coordenados cos plans urbanísticos e de infraestruturas das distintas administración para minimizar as necesidades de desprazamentos e desenvolver a intermodalidade coas opción de transporte máis eficientes en termos enerxéticos, ambientais e sociais con especial atención aos desprazamentos laborais.
Potenciación do transporte público colectivo mellorando as frecuencias e paradas adaptados á realidade de cada comarca xunto con billetes combinados, prioridade semafórica, carrís-bus. Crear unha rede de ferrocarril de proximidade que abranga as principais vilas e cidades galegas, implantando o metro lixeiro/tranvía onde sexa preciso.
Establecemento dunha rede básica de vías ciclistas complementado con infraestruturas para bicicletas e posibilidade de combinar co transporte público. Recuperar o préstamo de bicicletas municipal cun carnet de usuario/a a nivel galego para calquera dos programas de préstamo de bicicletas das nosas cidades facilitando sen dúbida a combinación transporte público e bicicleta. Eliminación do IVE para as bicicletas e transporte público
Apoio aos desprazamentos a pé, creando redes de itinerarios peonís, establecendo pasos de peóns seguros e amplos en tódolos cruzamentos e ampliando beirarrúas.
Estas medidas deben ir acompañadas ineludiblemente por outras que incidan na disuasión do emprego do automóbil privado como poden ser:
Regulamento para calmar o tráfico, limitando a velocidade no entorno urbano a 30km/h, dando prioridade ao transporte público e aos medios non contaminantes.
Restrición do acceso do automóbil ás cidades: eliminación de prazas de estacionamento no centro e creación de estacionamentos disuasorios na periferia, implantación de parquímetros, prohibición de entrada a determinado tipo de vehículos, etc.
Medidas fiscais que taxen o vehículo en función do tamaño e emisións. Incorporación á fiscalidade dos custos externos que o uso do transporte motorizado supón para o conxunto da sociedade: construción de estradas, emisións de contaminantes e correspondentes consecuencias para a saúde, xestión de residuos, etc…
EcoGaleguistas aposta por unha mobilidade sustentábel significa reducir drasticamente os desprazamentos en automóbil privado e trasvasalos aos medios ambientalmente máis sustentábeis. Esixe repensar o entorno urbano e de relación económica e social, rigor na planificación e traballar directamente coa cidadanía para apoiala no necesario cambio de paradigma. Só así poderemos desenvolver unha mudanza dos hábitos de transporte progresiva e ordenada antes de que o sobordamento do chamado pico do petróleo e o incremento exponencial do seu custo obrigue a facelo de xeito inmediato e caótico
———————-
GALICIA MÓVESE NA DIRECCIÓN
CONTRARIA Á MOBILIDADE
SUSTENTÁBEL
Informe sobre Mobilidade e Sustentabilidade
Semana Europea da Mobilidade, setembro de 2012
Page 2
Un ano máis chega as datas da Semana Europea da Mobilidade, nesta ocasión co
lema “Movéndonos na dirección correcta”. Semella que no noso país non chegou a
mensaxe.
As cifras de accesos en automóbiles das principais cidades galegas seguen a dar
arrepíos: Vigo suma máis de 220.000 entradas diarias de vehículos na cidade,
Compostela ronda as 100.000, A Coruña os 250.000, Pontevedra 55.000, Lugo
60.000, Ferrol
50.000 e Ourense 41.000
1
. Isto provoca constantes colapsos
circulatorios con consecuencias de sobra coñecidas: deterioro ambiental, perdas
económicas e enerxéticas, estres e afeccións a saúde, inutilización do espazo urbano
e outras derivadas incluídas atrancar o funcionamento normal do transporte público
colectivo.
As iniciativas das distintas administración son escasas na pretensión de reducir este
grave problema e intensas na de incrementalo, como consecuencia dos plans de
estradas que as distintas administración veñen propoñendo desde hai décadas. O
último foi o tan publicitado Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-
2015 (Move) do goberno Feijoo, que pretendía duplicar as vías de alta capacidade de
Galicia, desbaldindo 4.000 millóns de euros dos orzamentos públicos no transporte por
estrada, o máis contaminante, o de maior impacto na configuración do territorio, o de
maior consumo enerxético e o máis insolidario socialmente.
Galicia conta actualmente con 1000 km de vías de alta capacidade segundo datos da
propia Consellería de Política Territorial, dato que a sitúa, con 34 km/1000 km2 por
encima da media europea que é de 15,9 km/1.000 km2 e ao mesmo nivel que
Francia
2
. Este plano pretende aumentalos a 2.300 km. Porén, contamos cunha rede
ferroviaria absolutamente obsoleta, con liñas deseñadas e construídas entre 1870 e
1962, unha rede que conta co 40% das curvas de radio menor ou igual de 300 m e o
20% das curvas de radio menor ou igual de 500 m de toda a rede de RENFE, cunha
lonxitude de tan só o 7,2% do total
3
, realidades só en parte en camiño de corrixirse coa
renovación das liñas entre A Coruña e Vigo, e Ourense-Compostela.
Na banda contraria, as administracións públicas ben pouco esforzo teñen desenvolto a
prol do trasporte público colectivo e polos modos de transporte non contaminantes.
Apenas dous casos que exemplifican claramente a importancia que teñen para os
nosos gobernantes. No ano 2003 a Consellería de Política Territorial, daquela co
conselleiro Feijoo á cabeza, presentaba con amplísima cobertura de medios a
implantación do o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia co obxectivo de
implantar o billete único metropolitano con cobertura para o 60% dos galegos.
Estamos practicamente pechando o ano 2012 e unicamente contan con Plan de
transporte metropolitano Coruña, Ferrol, Compostela e Lugo. O segundo exemplo e o
anunciado Plano de Mobilidade Alternativa do que se fixo tamén una grande
despregue informativo a principios de lexislatura. Estamos no remate e nunca máis
escoitamos falar do plan.
En definitiva, esta teima pola construción de máis infraestruturas para o tráfico rodado,
só pode supoñer o seu incremento polo denominado “efecto chamada”: a
1
Datos recompilados no ano 2011 por El Correo Gallego. Ver
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/casi-775-000-coches-colapsan-diario-siete-ciudades-
gallegas/idEdicion-2011-07-11/idNoticia-685632/
2
Plan Estratégico de Infraestructuras y Transportes. (PEIT). Ministerio de Fomento.
http://peit.cedex.es/documentos.htm
3
FERNÁNDEZ DÍAZ, Xosé Carlos. El Ferrocarril en Galicia. Vigo: Ir Indo, 2006
2
Page 3
desconxestión que supón a apertura dunha nova infraestrutura invita ao seu uso por
un número cada vez maior de usuarios que antes optaban por outras alternativas,
chegando nun horizonte de 15 anos novamente a niveis de saturación importantes. A
propia UE no seu informe Transport 2000 recoñecía que a maioría dos países
europeos tiñan sobordado o punto no que calquera incremento do tránsito resulta
contraproducente: a suma de efectos negativos anula os posíbeis beneficios. Así
mesmo, no Green Book of Urban Environment, afirma que “unha vez construídas as
infraestruturas, o tráfico aumenta até atinxir de novo os anteriores niveis de
conxestión”. Exemplos temos abondosos en Galicia desta situación: a vía rápida do
Morrazo, a vía rápida do Salnés,..
Non precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de
transporte que aposte pola proximidade, pola economía local e polo achegamento dos
servizos á cidadanía no canto de achegar a cidadanía aos servizos.
Neste momento crítico da crise sistémica que estamos a padecer, os investimentos
públicos débense facer pensando nun modelo de sociedade e territorio enerxética e
ambientalmente viábel e socialmente solidario, no que as necesidades da cidadanía
poidan ser cubertas dende a proximidade dos servizos, potenciando as redes locais de
produción e consumo, poñendo en circulación o seus recursos económicos para
reactivarse economicamente desde a sustentabilidade.
Tamén ollando para un dos maiores impactos sociais desta crise como son as cifras de
desempregados e desempregadas, atopamos que o transporte público colectivo é una
grandísima fonte de emprego. Un estudo recente de ISTAS cifraba o potencial en
450.000 empregos
4
ademais dos considerábeis aforros en consumo enerxético,
emisións contaminantes e corrección da balanza de pagos.
É por isto que Espazo Ecosocialista quere facer un chamamento as distintas
Administracións para que desenvolvan una mudanza radical do modelo de transporte
implementando medidas en distintos campos que faciliten o trasvase de viaxeiros do
transporte privado ao transporte público, que promova os desprazamentos a pé e en
bicicleta. Entre outras propomos:
1.
Implantación de Planos de Mobilidade Sostible en todas as comarcas,
adaptados a súa realidade demográfica e xeográfica. Deben ser plans a longo
prazo, imbricados nos plans urbanísticos e de infraestruturas e coordenados
entre as distintas administración implicadas que procuren un desenvolvemento
urbanístico que minimice as necesidades de desprazamentos xunto cun
desenvolvemento intermodal das opción de transporte máis eficientes en
termos enerxéticos, ambientais e sociais como son o transporte público, os
modos non contaminantes e optimizando no seu caso o uso do automóbil
privado con plans de carsharing, etc… con especial antención aos
desprazamentos laborais.
2.
Potenciación do transporte público colectivo mediante a mellora das
frecuencias e paradas, ampliación de horarios adaptados á realidade de cada
comarca xunto con medidas normativas como os billetes combinados, a
prioridade semafórica, carrís-bus e desenvolvemento dunha rede de ferrocarril
de proximidade que abranga as principais vilas e cidades galegas, xunto coa
implantación do metro lixeiro/tranvía para aqueles volumes de desprazamentos
que garantan a súa eficiencia.
3.
Establecemento dunha rede básica de vías ciclistas que inclúa vías
ciclistas, estradas secundarias, rúas e espazos seguros para seren
4
http://www.istas.net/web/abretexto.asp?idtexto=3498
3
Page 4
compartidos con outros medios de transporte complementado con
infraestruturas axeitadas de estacionamento e posibilidade de combinar co
transporte público. Recuperar o préstamo de bicicletas municipal pero dende
una óptica conxunta, permitindo a existencia dun carnet de usuario/a a nivel
galego para calquera dos programas de préstamo de bicicletas das nosas
cidades facilitando sen dúbida a combinación transporte público e bicicleta. IVE
reducido para as bicicletas.
4.
Apoio aos desprazamentos a pé, creando redes de itinerarios peonís,
establecendo pasos de peóns seguros e amplos en tódolos cruzamentos e
ampliando beirarrúas
Estas medidas deben ir acompañadas ineludiblemente por outras que incidan na
disuasión do emprego do automóbil privado como poden ser:
1.
Regulamento para calmar o tráfico, limitando a velocidade no entorno urbano
a 30km/h, dando prioridade ao transporte público e aos medios non
contaminantes.
2.
Restrición do acceso do automóbil ás cidades: eliminación de prazas de
estacionamento no centro e creación de estacionamentos disuasorios na
periferia, implantación de parquímetros, prohibición de entrada a determinado
tipo de vehículos, etc.
3.
Medidas fiscais que taxen o vehículo en función do tamaño e emisións.
Incorporación á fiscalidade dos custos externos que o uso do transporte
motorizado supón para o conxunto da sociedade: construción de estradas,
emisións de contaminantes e correspondentes consecuencias para a saúde,
xestión de residuos, etc, …
Unha mobilidade sustentábel significa reducir drasticamente os desprazamentos en
automóbil privado e trasvasalos aos medios ambientalmente máis sustentábeis. Esixe
repensar o entorno urbano e de relación económica e social, rigor na planificación e
traballar directamente coa cidadanía para apoiala no necesario cambio de paradigma.
Só así poderemos desenvolver unha mudanza dos hábitos de transporte progresiva e
ordenada antes de que o sobordamento do chamado pico do petróleo e o incremento
exponencial do seu custo obrigue a facelo de xeito inmediato e caótico
















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



