A Sociedade Cultural LEDICIA de Burela, prepara o incio do curso 2012/2013 na Escola de baile e música tradicional.As clases comezarán a vindeira semana, coa chegada do mes de outubro. Para informarse dos horarios e das modalidades nas que se pode participar (baile, canto, gaita, persusión …) teremos unha reunión o vindeiro xoves 27 de setembro ás 7:30 da tarde no local de ensaio da asociación.
Tamén recordamos ás persoas interesadas, que están en marcha os cursiños de encaixe de bolillos, calceta e bordado, no que se poden incorporar en calqueira momento.O custe dos cursiños é de 18 € para soci@s e 21 € para non socios; os horarios
bolillos e calceta o mércores de 8 a 10:30 da noite
bordado os martes de 4 a 6 da tarde
Para máis información, no local social os martes de 5 a 7 da tarde, ou no telf. 616 99 50 97