RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ofreceu unha recepción institucional aos organizadores da regata Transgascogne que chegará a esta vila en agosto. Tamén acudiron o alcalde e os concelleiros de Talmont-Saint Hilaire, o lugar de partida de dita regata.
Discurso do alcalde
“Benvidos a Ribadeo, a esta Porta Norte de Galiza lugar de paso e de encontro ao longo da historia. Benvidos a esta Vila de actualmente 10.000 habitantes que ten unha tradición agricola-gandeira e tamén pesqueira, aínda que é coñecida sobre todo polo seu comercio.
Ribadeo, a través do seu porto marítimo comercial foi xa nos séculos XVIII e XIX porta de entrada de produtos de numerosos países europeos. Foi punto de saída de mineral de ferro, produtos agrícolas, etc. Como exemplo, este edificio onde agora estamos foi a casa de Antonio Raimundo Ibáñez, máis coñecido como o Marques de Sargadelos. Importante empresario de finais do séc. XVIII que impulsou altos fornos nesta comarca así como fábricas de louza, que agora aínda se seguen a fabricar.
Ribadeo agora e sempre tivo e ten un comercio local diverso e moderno, atraendo xente non só do propio Ribadeo senón de amplas comarcas galegas e asturianas.
Ribadeo, tamén é Porta Norte do Camiño Norte de Santiago, lugar por onde teñen pasado moitos peregrinos ao longo da historia, e agora Ribadeo está moi comprometido cos preparativos para o vindeiro Xacobeo 2010. Levamos 6 anos modernizando rúas, peonalizando moitas delas, activando políticas de rehabilitación de inmobles no noso casco antigo, ofrecendo máis servizos e máis calidade a todos aqueles turistas que cada día nos visitan máis.
Ademais, xunto co patrimonio feito coa man do home, Ribadeo posúe unha marabilla feita pola natureza e descuberta hai escasos trinta anos para o grande público. Tratase da praia das Catedrais, hoxendía coñecida xa mundialmente polas súas caprichosas formas que o mar, co paso dos anos foi esculpindo. Milagre da natureza por onde os turistas poden visitar só cando o mar deixa, é dicir, na baixamar e poder pasear polos seus pasadizos, ollar as súas columnas a xeito de Catedral, ver a preciosidade da súa fauna, como son os percebes, un dos produtos máis cobizados do noso país.
Polo tanto, con este impulso de rehabilitación de espazos públicos, creación de servizos, posta en funcionamento dunha moi importante oferta hoteleira, poderemos estar preparados para non defraudar a todos os novos amigos que nos queiran visitar e descubrir o vindeiro verán, no mes de agosto, con motivo da regata Transgascogne. Benvidos a este nobre, antigo e humilde concello”.
Discurso en francés
«Bonjour. Excusez-moi, d’abord, parce que c’est la première fois que je vais parler en français dans ma vie. Bienvenus à Ribadeo, à ce port du nord de la Galice, lieu de passage et de rencontre à travers l’histoire. Bienvenus à cette ville d’aujourd’hui 10.000 (dix mille) habitants qui a une tradition de l’agriculture et la pêche, mais qui est surtout connu pour son commerce.
Ribadeo, par l’intermédiaire de son port de commerce était déjà dans le (dix huitième) XVIII et (dix neuvième) XIX siècles, le port d’entrée des produits de plusieurs pays européens. Il a été le point de sortie du fer des minéraux, des produits agricoles, etc. A titre d’exemple, ce bâtiment où nous nous trouvons maintenant, a été la maison d’Antonio Raimundo Ibáñez, connu sous le nom de Marques de Sargadelos. Cet important homme d’affaires de la fin du XVIII (dix huitième) siècle promus à des hauts-fourneaux dans la région, ainsi que des usines en porcelaine, qui aujourd’hui encore continuent à produire.
Ribadeo, maintenant et dans le passé, a un vaste et moderne commerce, qui attire les gens non seulement de lui-même, de Ribadeo, mais des autres villages de la Galice et des Asturies.
Ribadeo, aussi le port du nord de la Route Nord de Santiago, c’est un lieu par lequel de nombreux pèlerins ont passé à travers l’histoire. Par conséquent, maintenant Ribadeo est très attaché à la préparation de la prochaine Xacobeo (deux mille dix) 2010. Dans les dernières six années on a amélioré des rues, on a fait de nombreuses rues piétonnières, en relançant les politiques de réhabilitation des bâtiments dans notre vieille ville, en offrant plus de services et de meilleure qualité à tous ceux touristes qui nous visitent de plus en plus.
En outre, avec le patrimoine fait à la main de l’homme, Ribadeo possède un trésor naturel qui a été découvert il y a trente ans pour le grand public. C’est la plage des Cathédrales, aujourd’hui connu dans le monde entier pour ses formes fantaisistes que la mer, avec le passage des années, a sculptées. Miracle de la nature que les touristes peuvent visiter seulement quand la mer le permit, c’est-à-dire quand la marée est basse. C’est á ce moment-là quand on peut nous promener par ses passages, regardez ses colonnes, la préciosité de sa faune, comme les pouces-pieds, un produit très apprécié dans notre pays.
Alors, avec le réaménagement des espaces publics, la création de services et d’un grand hôtel offre, on peut être préparé à recevoir tous les nouveaux amis que nous veulent visiter et découvrir le prochain été, le mois d’août, á l’occasion de la régate Transgascogne. Bienvenus à cette noble, humble et ancienne ville».








O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



