O 2 DE NOVEMBRO VOLTA O CAMPAÑAZO DO BINGO QUE ORGANIZA ACIA FOZ. EN TOTAL VAI REPARTIR DURANTE O VINDEIRO MES 1.500 EUROS EN PREMIOS.
Foz, 26 de outubro de 2012. A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz volve organizar o Campañazo do Bingo despois do éxito que esta iniciativa tivo en edicións anteriores. Desenvolverase todos os venres do vindeiro mes de novembro: os días 2, 9, 16, 23 e 30.
O bingo empezará ás once da noite, contará cun premio de 300 euros en vales de compra cada venres e será emitido en directo por Radio Foz (107.4 FM).
Nesta iniciativa de Acia Foz participan 26 establecementos hostaleiros: A Bolera, A Eskina, A Maseira, A Rambla, A Rula, Bar Acuario, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Happy Days, Cafetería May-Ros, Cafetería Xoyma, Café Express, Casa Rural El Rincón de Anita, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Namarinos, O Chícaro, O Tangarte, O Tangarte Mariñeiro, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Mar e Restaurante Portochico.
No Campañazo do Bingo tamén están 25 comercios focenses: Alba Vila Centro de Dietética, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones Rifer SL, Construcciones y Canalizaciones José Saa SL, Darlintonia, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Estación de Servicio Foz, Estanco Expendiduría nº 2, Floristería Fabeiro, Floristería Gardenia, Galerías Ginzo, Gestoría Fernández, Ginzo Hombre Mujer, Infotec A Mariña, La Flor Abulense, Lencería Esther, Mapfre Seguros, Ofifoz, Óptica Alain Afflelou, Pescados O Coyote, PI-R Hombre e Suministros Veipa.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “os interesados deben seguir o sorteo desde un bar, mesón ou restaurante de Foz e decirlle ao propietario do local que está en posesión do cartón gañador. Será o hostaleiro o que contacte con Radio Foz para verificalo”. E subliña que “daráse un único premio de 300 euros ao primeiro campañazo, non hai liñas. Si houbese varios bingos o premio será exclusivamente para o primeiro que se comprobe en directo. Só se repartirá o premio si hai máis dun bingo no mesmo local”. Os 300 euros en vales de compra do premio deberán gastarse no comercio de Foz ao longo do mes de decembro.
ACIA Foz dalle a benvida aos novos socios na recente apertura dos seus negocios e na aposta que fixeron pola vila. Trátase de Darlintonia (textil), Fraggle Rock e Café Oiche (hostalería) e Alba Vila (dietética).






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



