GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE O EQUIPO DE GOBERNO ACTÚA CON RESPONSABILIDADE E SERIEDADE AO ACTUALIZAR MOITAS DAS ORDENANZAS MUNICIPAIS EN 2013. O ALCALDE CRITICA QUE A OPOSICIÓN NON PLANTEXASE NIN UNHA SOA ENMENDA Á PROPOSTA DOS POPULARES E QUE VOTASE EN CONTRA DESTA MEDIDA.
Burela, 29 de outubro de 2012. No pleno extraordinario celebrado este mediodía aprobóuse a actualización de moitas das ordenanzas fiscais nun 3’4%, que é o IPC interanual, para o vindeiro ano. O alcalde, José Mª González Barcia, asegurou que a oposición vota en contra de xeito sistemático no Concello de Burela e sinalou que só perseguen desgastar ao equipo de goberno coas súas críticas, aínda que non presentaron nin unha soa enmenda a esta actualización das taxas. O rexedor dixo que PSOE e Grupo Mixto fan oposición de boquilla e que critican por criticar mentras o equipo de goberno plantexa propostas con rigor e conforme ao plan de axuste aprobado hai uns meses.
González Barcia explicou que “aprobamos a actualización de moitas das ordenanzas municipais para 2013 aplicando o IPC interanual que se situou entre setembro de 2011 e setembro de 2012 no 3,4%. Como equipo de goberno tentamos actuar de xeito responsable e serio, como cidadáns nos gusta pagar o menos posible ao Concello, pero como responsables políticos entendemos que os servizos públicos deben autofinanciarse e temos que actuar con responsabilidade”. O rexedor subliñou que “a isto temos que sumarlle que temos enriba coma unha auténtica pedra un crédito de 1.100.000 euros que tivemos que solicitar para pagar as facturas que outros deixaron nos caixóns. E ese crédito teremos que pagalo entre todos durante dez anos, e temos que facerlle frente e os cartos que se destinarán a pagar ese crédito ou saen dalgún lado ou saen dalgún lado e conseguimos cartos adicionais”.
Para o alcalde de Burela “si queremos manter o compromiso cos servizos sociais básicos, si queremos manter o compromiso coa educación, tal e como estamos a facer na actualidade, temos que xerar ingresos. Sabemos que non pasamos pola mellor situación agora mesmo, pero non nos queda outra”.
O equipo de goberno do Concello de Burela non entende “a postura absolutamente irresponsable que está a ter a oposición neste asunto, porque mentras eles estiveron gobernando aplicaron a actualización do IPC ano tras ano. No 2009, cando xa estabamos a vivir a crise económica, a actualización das ordenanzas foi dun 4’5% e cando no 2010 o señor Zapatero lles baixou o soldo aos empregados públicos nun 5% en Burela tamén aumentaron as ordenanzas municipais. Non entendemos a postura negativa tanto do PSOE coma do Grupo Mixto de votar en contra de xeito sistemático, queda patente que o único interés que teñen é desgastar a este equipo de goberno”. José Mª González Barcia lembrou que “onde goberna o PSOE aplican actualizacións de ordenanzas fiscais, coma en Viveiro. E ademais aquí se ve que non hai moito traballo por parte do PSOE porque sendo cinco concelleiros non foron capaces de presentar ningunha enmenda a esa proposta de modificación das ordenanzas municipais que plantexou o equipo de goberno. O verbo traballar seguen sin saber conxugalo, aínda que xa llelo dixemos varias veces, e lles preocupa pouco dar algún tipo de alternativa á política que estamos a facer desde o equipo de goberno. Están a facer unha oposición de boquilla, prácticamente destinada a sair nos medios de comunicación a darnos caña, pero sen outro efecto porque traballar non traballan”.
O rexedor indicou que “cando o noso grupo municipal estaba na oposición sempre plantexamos enmendas ás modificacións das ordenanzas, e na maior parte dos casos cando se trataba de actualizar ordenanzas en función do IPC ou nos abstíñamos ou votabamos a favor, pero nunca votabamos en contra. Puidemos votar en contra do incremento de máis do 10% dos vados que fixeron o PSOE e o BNG, votamos en contra do incremento do 50% das taxas que gravan as terrazas dos bares, votamos en contra do incremento de casi un 50% da ocupación de vía pública con materiais de obra. Neses casos o PP sí votou en contra, pero no caso das actualizacións non”.
González Barcia considera que “os mesmos criterios que se aplican cando un está gobernando deben terse en conta cando un está na oposición. Eso significa rigor e seriedade, a crítica barata e a crítica por facer crítica demostra tres cousas: cinismo, porque significa negar o que alguén fixo antes; hipocresía porque significa decir o que ti sabes que non podes facer cando chegas ao goberno municipal; e irresponsabilidade porque hai que ser consecuentes co que se fai cando se está no goberno e que o discurso cando se está na oposición sexa máis ou menos semellante. O peor de todo sería que o discurso do PSOE e do Grupo Mixto aquí fose ao mesmo tempo cínico, hipócrita e responsable, iso xa sería realmente preocupante”.
O alcalde de Burela manifestou que “a actualización que nós facemos das ordenanzas é unha demostración de responsabilidade para que o Concello continúe funcionando e é a demostración dunha política económica seria e rigurosa atendendo ás responsabilidades que os cidadáns nos deron no seu momento. Cando os cidadáns lle deron a maioría absoluta ao PP para que gobernase no Concello de Burela, entre outras cousas, nos deron a responsabilidade de acabar coa desfeita económica que o bipartito tiña organizada aquí. E como mostra temos ese 1.100.000 euros que houbo que pedir de crédito para pagar as facturas que eles tiñan metidas nos caixóns. Estamos actuando con rigor e conforme ao plan de axuste, un plan que non inventamos nós, senón que nos vimos obligados a presentalo grazas á desastrosa política económica que o bipartito xerou en Burela e por iso agora temos que adoptar estas decisións e estas medidas que como persoas non nos gustan, pero non temos máis remedio que tomar”. González Barcia rematou a súa exposición sinalando que “eles, a día de hoxe, aínda non foron capaces de explicar onde se invertiu ese millón de euros, que ao final teremos que pagar entre todos, nin porqué se gastou un millón de euros en cambiar farolas cando resulta que non supoñen ningún tipo de aforro enerxético”.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



