A CARACOLA DE CELA
Polos primeiros anos do pasado século, de 1906 a 1908 en que foi trasladado a Carril, na ría de Arousa, residiu en Foz, no cargo de Administrador de Aduanas Camilo Cela, escritor e xornalista, pai do Nóbel de Literatura Camilo José. A estadía daquel na vila focega coincidiu coa de outros dous intelectuais: o mindoniense Antón Noriega Varela, eximio poeta, mestre na Escola de Fondós e o viveirense Antón Vilar Ponte, boticario, escritor e xornalista; político cuxos anceios nacionalistas agromaran en Foz, segundo propia confesión, e que anos máis tarde, co seu irmán Ramón, foron os principais impulsores das históricas Irmandades da Fala. Da convivencia entre os tres homes de letras xurdiu a publicación do que foi o primeiro xornal editado en Foz: “¡Guau,,Guau!” polo que Camilo José Cela, o fillo, interesouse alá polos anos sesenta e do que, que saibamos, só existía unha colección, incompleta. O autor de “La familia de Pascual Duarte”, “La Colmena”, “Mazurca para dos muertos”, “Del Miño al Bidasoa” e outras famosas novelas, dirixiuse ó propietario da mesma ofrecéndolle por ela as súas obras completas, adicadas. Non houbo acordo e o trato non se consumou. Tempo mais tarde e dende a Peña O Lar, remesouse ó escritor de Iria Flavia, entón residente en Palma de Mallorca, fotocopiada, a colección completa do”¡Guau, Guau!”. O literato acusou recibo da mesma cunhas verbas autógrafas de agradecemento.Hai media ducia de anos a Asociación Cultural A Pomba do Arco tivo a feliz idea de editar o facsimel do xornal, que a poboación apenas coñecía, facilitando o acceso ó mesmo e hoxe figura nos fogares focegos co aprecio do que o seu valor histórico e cultural, e mesmo sentimental, é merecente.
Daniel Hortas, inesquecible amigo, no seu libro “Y luego Lugo…¿qué?” relata que o Premio Nobel contou nunha xuntanza de galegos en Madrid, á que asistira, que o único recordo material que este conservaba do seu pai, era unha caracola mariña engarzada nun aro de ouro, a través da cal podía escoitarse o mar de Foz…
Suso Fernández




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



