UNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS AVES DE GALICIA PODERÁ VISITARSE NA CASA DE CULTURA DE BURELA DO 5 AO 9 DE NOVEMBRO. ANUNCIOUNO HOXE A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, PATRICIA LÓPEZ EIJO.
Burela, 30 de outubro de 2012. A Casa de Cultura de Burela acollerá do 5 ao 9 de novembro unha exposición didáctica sobre as aves de Galicia organizada pola Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa. A mostra poderá visitarse de nove da mañá á unha do mediodía e de cinco a oito da tarde.
A concelleira de Medio Ambiente en Burela, Patricia López Eijo, explicou que esta exposición “permite achegar a poboación ao medio natural a través dun dos seus elementos máis rechamantes e fáciles de observar, como son as aves. A través dun percorrido, guiado por monitores especializados, polos diferentes hábitats de Galicia descubriremos as especies de aves máis características e as máis singulares do noso territorio e aprenderemos a identificalas e a descubrir os seus valores e as súas ameazas, así como a desenvolver unha actitude responsable de cara á conservación do medio ambiente”.
A mostra inclúe 14 paneis, un punto interactivo para coñecer o mundo das aves, xogos e material didáctico. Xa están concertadas visitas á exposición para alumnos dos Ceip Virxe do Carme e Vista Alegre e das asociacións Eu Son e de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



