ADEGA denuncia irregularidades e escurantismo no tratamento dos refugallos do Prestige
15 de novembro de 2012. O tratamento dos refugallos do Prestige recollidos da costa é un asunto escuro aínda sen resolver que novamente amosa o desleixo das administracións, que mesmo poderían estar incorrendo en ilegalidades. Acontece que das 90.000 t recollidas unhas 10.000 fican aínda sen tratamento “armacenadas” ilegalmente nunhas balsas nas Somozas. A Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados obriga a tratar estes refugallos nun prazo máximo de 6 meses… E van alá xa 10 anos. E das 80.000 “tratadas” por Sogarisa, das cais 9600 eran de plásticos e 6400 de fuel, “valorizáronse” (isto é, incineráronse) 956 de plásticos e 482 de fuel, isto é, un 10,2 e un 7,5% respeitivamente. Onde foron o resto dos plásticos e do fuel? Se consideramos que estes eran o verdadeiro refugallo, resulta que o 91% de plásticos+fuel foi …a vertedoiro! E para iso pagamos 24 millóns de €? pdfInforme SOGARISA Refugallos Prestige 0,6MB
ADEGA tentou seguirlle a pista ao proceso de tratamento das 90.000 t de refugallos do Prestige recollidas na costa. Deste conxunto, 60.000 foron armacenadas en SOGARISA, 20.000 en Cerdeda e outras 10.000 “en diferentes puntos”. Os dados oficiais e as informacións de prensa sobre o destino destes refugallos foron por veces contraditorios e non só non aclaran determinados aspectos do proceso, senón que deitan dúbidas sobre a súa legalidade. Coas informacións que puidemos compilar en ADEGA tentamos reconstruir a cronoloxía do que aconteceu con estes refugallos:
– A finais de 2005 aínda non se iniciara o tratamento dos refugallos, unhas 80.000 t segundo responsábeis de SOGARISA, que prevían comezar a facelo a principios de 2006. SOGARISA estimaba o custo en 24,5 millóns de €.
– Outrono de 2006: Inicio do tratamento das primeiras 20.000 t armacenadas en Cerceda mediante unha planta móbil. En novembro deste ano había aínda 60.000 t sen tratar en SOGARISA (As Somozas). o 75% das 80.000 recollidas.
– En 2007, a Xunta anuncia que o tratamento das 60.000 t armacenadas en SOGARISA iniciarase en xullo dese ano e aponta como razóns do retraso “causas políticas e administrativas”. Outras 20.000 t xa foran tratadas nese tempo nunha planta móbil na Areosa (Cerceda).
– En abril de 2008 anúnciase que SOGARISA tratou 30.000 das 60.000 t armacenadas nas balsas. Esperaban rematar o proceso a principios de 2009.
– En novembro de 2008, SOGARISA anuncia que xa tratou unhas 66.000 t, 46.000 das balsas nas Somozas e 20.000 en Cerceda), das 82.000 armacenadas, faltando unhas 16.000 t por procesar, operación que remataría en marzo de 2009. Os custos da reciclaxe e tratamento ascenderían a 22 millóns de € (2,5 menos do anunciado en 2005).
– Tamén en novembro de 2008, un video corporativo de Ferrovial (que participa con capital en SOGARISA) sobre o proceso de reciclado dos refugallos do Prestige informa que SOGARISA ten capacidade pra procesar unhas 20 t ao día. Facendo os cálculos para 60.000 t dende xullo de 2007 a razón de 20 t diarias, o proceso remataría en 8,2 anos (traballando 365 días por ano) isto é en outubro de 2015!.
– A finais de 2009 ADEGA denuncia que aínda fallan por tratar unhas 10.000 t de refugallos do Prestige armacenados nas Somozas. Nunha información de prensa, a administración afirma que é por falta de fondos. Aponta tamén que SOGARISA pode tratar unhas 20 t por hora, cando un ano antes o vídeo de Ferrovial dicía que eran 20 t por día. En que quedamos?
– En novembro de 2011 a Xunta volve a recoñecer que fallan por trarar unhas 10.000 t armacenadas nas Somozas, froito segundo Hernández, do material que chegou a SOGARISA “dende diferentes puntos”. Como o proceso estaba orzamentado para 80.000 t por un importe de 22,4 millóns de € (é a terceira cifra distinta que se baralla), ao parecer non había cartos para tratar estas 10.000 t que Hernández pretendía que asumira o estado (daquela a ministra era Espinosa) e que a Xunta tiña “adecuadamente armacenadas” nas Somozas.
– A día de hoxe, seguen sen tratar unhas 10.000 t que fican armacenadas en balsas por SOGARISA nas Somozas, agardando que o estado e a Xunta se poñan de acordo para pagar os 3 milóns de € que custaría o proceso. E por certo, seguimos sen saber cal foi o custo real do tratamento das 80.000 t: 24,5 / 22 ou 22,4 millóns de €?.
A este respeito, ADEGA chama a atención sobre a posíbel ilegalidade do almacenamento dos residuos sen tratar. A Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados (BOE nº 181, Venres 29 de xullo de 2011), di no sei art. 20:
4. Con carácter general los gestores de residuos están obligados a:
a) Mantener los residuos almacenados en las condiciones que fije su autorización. La duración del almacenamiento de los residuos no peligrosos será inferior a dos años cuando se destinen a valorización y a un año cuando se destinen a eliminación. En el caso de los residuos peligrosos, en ambos supuestos, la duración máxima será de seis meses; en supuestos excepcionales, el órgano competente de las Comunidades Autónomas donde se lleve a cabo dicho almacenamiento, por causas debidamente justificadas y siempre que se garantice la protección de la salud humana y el medio ambiente, podrá modificar este plazo. Durante su almacenamiento los residuos peligrosos deberán estar envasados y etiquetados con arreglo a las normas internacionales y comunitarias vigentes. Los plazos mencionados empezarán a computar desde que se inicie el depósito de residuos en el lugar de almacenamiento.
Poden considerarse causas xustificadas a crise ou falta de fundos? Dende ADEGA entendemos que non poden aceptarse causas técnicas, pois iso xa se resolveu antes do tratamento das 80.000 t anteriores. SOGARISA debe estar obrigada a non aceptar os refugallos se non pode tratalos, ou a transferilos dentro do prazo máximo de almacenamento a outro xestor autorizado. En caso contrario, unha vez aceptrados, mesmo se non hai quen pague, estaría obrigada a tratalos.
Finalmente ADEGA quere tamén denunciar a confusión e as contradicións nos resultados do proceso de tratamento. Nun informe de SOGARISA, a empresa indica que as 80.000 t recollidas “eran unha mixtura moi complicada composta por: 60% de area; 20% de auga; 12% de plásticos e 8% de fuel”. Portanto, sobre un total de 80.000 t teriamos 9.600 de plásticos e 6.400 de fuel.
Na táboa de resultados do tratamento, aos que chama incorrectamente “subprodutos”, valorizáronse como combustíbel (incineración) 482 t de hidrocarburos (isto é, fuel!), e 975 t de plásticos. Portanto, sobre as cantidades iniciais de cada un destes materiais, temos que só se “valorizaron” o 7,5% do fuel e o 10,2% dos plásticos. Onde foron o resto de fuel (hidrocarburos) e plásticos?. Excluindo a auga evaporada e as areas e arxilas valorizadas, quedarían dúas fraccións: lodos non valorizábeis e voluminosos non valorizabeis. Estas dúas fraccións foron a “eliminación” en depósito de seguridade, é dicir, ao vertedoiro de refugallos perigosos. Quizáis os lodos conteñan maiormente os hidrocarburos e os vouminosos mesturas de plásticos e hidrocarburos, xunto con outros residuos. É isto así?
Portanto, e excluindo a auga (que non se pode dicir que se valorizara) aconteceron dous tipos de valorización:
– Reciclaxe de areas e arxilas: 18406 + 14430 = 32836 t. Inicialmente había 80.000 x 0,6 = 48.000 t de area (incluidas aquí as arxilas, enténdese). Desta forma, a recuperación de inertes foi do 68,4% dos iniciais, equivalente a un 41% do residuo total.
– Incineración do 7,5% do fuel, e o 10,2% dos plásticos, equivalente a un 1,8% do refugallo total. Se consideramos que estes últimos eran o verdadeiro residuo, en conxunto “valorizouse” un 9,1% destes, mentres que o 90,9% restante de plásticos+fuel foron a vertedoiro.
Como se ve, e contrariamente ao indicado no informe de SOGARISA, só o 9,1% dos plásticos e fuel, os verdadeiros refugallos, tiveron “unha nova vida” segundo SOGARISA. O resto, xunto con máis da metade das areas e arxilas, foron… a vertedoiro! E para isto fan facían falla 10 anos e 24 millóns de €?





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



