O BNG ESIXE RESPONSABILIDADES E DEFENDE A PREVIA SEPARACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE SANEAMENTO EN FOZ
Foz a 15 de novembro de 2012.- A posición do BNG non variou desde que comezaron os problemas coa depuradora actual situada no porto. Foi precisamente o BNG o primeiro que denunciou a mala depuración da estación e dos problemas de vertidos e malos olores que provocaba. Foi a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta quen no ano 2006, ante esta denuncia do BNG, afirmou que facendo as correccións necesarias, os problemas de malos olores deberían resolverse antes da recepción da obra por parte da Administración, pero non foi así e a Xunta aceptou a obra sen resolver ditos problemas.
PARA O BNG É HORA DE DEPURAR RESPONSABILIDADES NO SANEAMENTO DE FOZ
En primeiro lugar, o BNG ve necesario depurar responsabilidades tanto políticas como técnicas porque non é de recibo que se recepcionara por parte da Xunta no seu momento unha depuradora que se nos vendeu como suficiente (construída para 8.000 habitantes e que non depura nin os residuos de 5.000), que non se axustaba ao proxecto (eliminouse o emisario que estaba no proxecto) e que tiña graves problemas de funcionamento e de malos olores desde un principio. Tamén depurar posibles responsabilidades da concesionaria do mantemento e da xestión das depuradoras, Gestagua, e comprobar se está a respectar o contrato pois tería que realizar uns servizos con todas as condicións legais de vertido e funcionamento que non se cumpren. Responsabilidades tamén de Augas de Galicia que hai pouco aconsellaba Forxán como mellor ubicación e agora utilizando os mesmos argumentos di que é Sarrido. Para o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta “xa sabemos que este non é un pais onde precisamente se asuman responsabilidades e así nos vai, pero algún día teremos que cambiar isto. Neste pais fanse as cousas mal desde un principio por parte dos responsables e mandatarios e despois veñen as consecuencias e o gasto innecesario de cartos públicos en resolvelas”.
Por outro lado, tamén deberían asumirse as responsabilidades derivadas dos vertidos ilegais á Ría e ao mar sen a preceptiva autorización da Xunta de Galiza, algo que se está producindo no noso concello desde o 2006 a pesar de ter un sistema de depuración e estar pagando por el (cunha taxa aprobada por PSOE e PP). Porque a pesar de que todo o mundo o sabe, ninguén fixo nada por evitalo e solucionalo.
PARA O BNG A SOLUCIÓN COMEZA POLA SEPARACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS
En segundo lugar, para o BNG a solución aos problemas do saneamento no noso concello pasa pola elaboración e execución urxente dun Plan Especial de Saneamento Integral Municipal que contemple a implantación xeneralizada dun sistema separativo de augas residuais, coa construción de colectores de augas pluviais que alcance ao conxunto do solo urbano. Non vale de nada proxectar unha depuradora cando sabemos que terá os mesmos problemas que esta. Por iso, o BNG esixe unha partida nos orzamentos da Xunta do ano 2013 que contemple esta un plan plurianual para ir implantando dito sistema separativo.
Neste aspecto, convén recordar as palabras do Conselleiro de Medio Ambiente en funcións, Agustín Hernández, que afirmaba en xuño de 2009, pouco despois de entrar no goberno da Xunta o PP, que en materia de saneamento as cousas fixéranse mal por parte do anterior goberno porque o problema non está no punto de vertido senón na separación de augas residuais que deben depurarse das que proceden da chuvia e dos manantiais. Mágoa que só se quedaran en palabras no caso de Foz e non fixera nada absolutamente para remedialo nos catro anos de lexislatura ao fronte da Consellaría de Medio Ambiente.
A resposta da propia concesionaria Gestagua dálle a razón ao BNG cando afirma nun documento presentado na Xunta de Portavoces: “ en referencia ao funcionamento da nova EDAR é necesario realizar unha serie de puntualizacións a ter en conta, como son os vertidos incontrolados ao medio receptor ante a dificultade ou imposibilidade de construír sistemas de colectores e instalacións de tratamento para eliminar calquera desbordamento e que, en tempo de chuvias de certa magnitude son inevitables os vertidos… que non poden tratar todo o caudal que en tales circunstancias flúen polas redes de colectores”.
Ao mesmo tempo, o BNG aposta por unha progresiva redución en orixe das augas e contaminantes a tratar (implantando tecnoloxías de aforro e reciclaxe das augas) e pola aplicación de sistemas ecolóxicos baseados nas tecnoloxías de depuración natural e de baixo custe.
Onte na Xunta de Portavoces demostrouse o pouco en serio que o PP toma o tema do saneamento e que só o utiliza como fumareda para evadir responsabilidades. Presentouse a copia dun correo electrónico de Portos moi curioso que di textual: “…cremos que os portos non son os lugares máis axeitados para a construción deste tipo de edificacións, preto do mar… Polo tanto, Portos de Galicia non autorizaría a ampliación da depuradora..” cando a actual depuradora está nos seus terreos e foi precisamente este organismo o que o permitiu. É curioso, o correo chega o martes 13 ás 14:00 horas, dous días antes da xunta de portavoces cando levamos con este tema case dous meses e incluso se fixeran estudos técnicos que avalaban a posibilidade de ampliación da actual depuradora.
O BNG CRE QUE O ALCALDE NON PODE XOGAR A ENFRONTAR AOS VECIÑOS PARA ESCAPAR DO PROBLEMA
O BNG quere finalmente deixar claro que o alcalde e o PP, que goberna en Foz e na Xunta, non poden utilizar este tema para confrontar aos veciños e veciñas deste Concello tratando de eximir as súas responsabilidades de goberno e as do seu partido. É a Xunta de Galiza o organismo que ao noso entender ten competencia neste asunto segundo a lexislación vixente, pois todas obras hidráulicas de interese da Comunidade Autónoma como no caso das depuradoras non precisan licenza municipal nin están sometidas a ningún outro acto de control preventivo municipal. De todas formas, o BNG cre que o Alcalde e o Goberno da Xunta teñen que poñer enriba da mesa unha solución que non supoña enfrontamento social. Segundo Basanta “Esta é unha boa proba para ver a capacidade do alcalde e do PP para resolver os problemas dos que eles mesmos son en gran parte culpables pois foi o PP quen proxectou a depuradora na zona do porto e demostrar que é capaz de gobernar sen romper a paz social”.



















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



