VICEPRESIDENCIA DESTINA PRETO DE 60.000 EUROS Á MELLORA DO ACONDICIONAMENTO DA RESIDENCIA MUNICIPAL DE RIBADEO
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o convenio de colaboración entre a área de Benestar Social e o Concello de Ribadeo a través do cal se fará dita achega
Mario Outeiro explica que a Vicepresidencia da Deputación está demostrando que tamén en épocas de crise se pode seguir apostando polas políticas sociais
“O problema xa non é que Feijóo e Rajoy supriman servizos sociais senón que impidan a outras administracións como a Deputación de Lugo construír novas residencias da terceira idade”
Lugo, 16 de novembro de 2012. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou, esta mañá, un convenio de colaboración, a través do cal, a Vicepresidencia do ente provincial concede unha subvención de carácter excepcional ao Concello de Ribadeo, por valor de 59.218,30 euros, que lle permitirá sufragar os gastos derivados da reparación da carpintería da Residencia Municipal Hospital – Asilo San Sebastián e San Lázaro.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación e portavoz do BNG, Mario Outeiro, sinalou a importancia desta subvención dado o alto grado de avellentamento da poboación ribadense que, segundo explicou, “acada xa o 20 por cento da poboación. Por esa razón faise imprescindíbel que se cumpran os plans xeriátricos e se xestionen residencias para dar cabida aos que así o precisen, dado que son moitas as persoas maiores que teñen que convivir en domicilios alleos ao carecer de vivenda propia e non poder facer fronte a un aluguer en moitos casos de prezo inalcanzable para as súas posibilidades económicas”.
Outeiro recordou que “hai tres anos a Vicepresidencia da Deputación realizou un importante investimento de 15.0000 euros no asilo para modernizar as instalacións e adaptalas ás novas normativas, dotándoo dunha nova zona de enfermería e renovando as máquinas de lavandería, mobiliario e as instalacións da cociña e as salas de estar”.
“Fonte á obsesión que están a demostrar os gobernos do Partido Popular, tanto o da Xunta de Galiza como o do Estado central por desmantelar o Estado de benestar, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a demostrar que, en tempos de crise, tamén é posible outro xeito de facer política; unha política centrada en garantir os dereitos de todos os cidadáns pero, sobre todo, dos colectivos máis vulnerábeis e que máis están pagando as consecuencias da recesión económica”.
O portavoz nacionalista rematou a súa intervención aseverando que “os nosos maiores están a vivir o maior ataque da historia contra os seus dereitos e o seu benestar. O último deses ataques foi a supresión do servizo de Teleasistencia Domiciliaria que deixará desprotexidos a máis de 1.500 lucenses. O problema xa non é que Feijóo e Rajoy se neguen a seguir aportando a porcentaxe que lles corresponde para sufragar servizos coma este ou o de Axuda no Fogar, senón que impiden a outras administracións, como neste caso a Deputación de Lugo, construír novas residencias para maiores”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



