A finais de 1948 chega a Mondoñedo un xove veterinario, atraído pola soa das feiras das San Lucas, disposto a iniciar a vida profesional. Os altibaixos das estradas que preludian o val; as variadas tonalidades do verde da paisaxe; a choiva pertinaz e a humidade; a bruma coa que o mar próximo envolve a cidade, en contraste coa Castela cha, seca e luminosa da que procede, producen tal desacougo que faille pensar en voltar para a casa. O casual encontro cun vello coñecido e o consello deste a perseverar no lugar, fan que Anxel García Sanz, tal é o nome, desista do propósito; así o fai e non tarda en caer nas redes feiticeiras da vella cidade na que se integra de cheo, e de contado pasa a ser un popular e activo membro da veciñanza. O exercicio da profesión lévao a percorrer acotío o rural, pisando cada día as súas corredoiras. A pesares da dura orografía, Anxel atopa a cada intre novos engados no coñecemento da paisaxe e a paisanaxe; a retranca e a hospitalidade que con tanta galanura relata no seu libro “Andanzas y anécdotas de un veterinario”. O amor á natureza e á profesión fan que afonde na investigación sanitaria do gando, achegando avances notorios. Os traballos e pescudas permiten descubrir a solución cirúrxica para o prolapso de vaxina (o vulgar “botar as madres” nas vacas), incidente que ata entón non tiña solución definitiva. Estudada polo miúdo a operación o facultativo precisa levala á practica, labor non doada pois ata daquela os intentos feitos por métodos coñecidos deran resultados pouco alentadores. E foron dous gandeiros de Foz os que se prestaron a iso: Angelito de Nicasio, de San Martiño e Redondo, de Vilaxoane, que puxeron dúas das súas vacas, chamadas Pinta e Fabiola, en mans do sanitario que realizou a operación, confirmando o acerto da mesma. Anxel publicou un libro, con prólogo de Alvaro Cunqueiro, espallando entre os veterinarios de todo o país a novidade cirúrxica; divulgación á que foi parella o nome do noso pobo, pois na portada figura o seguinte enunciado: “Solución quirúrgica al prolapso de vagina en bóvidos. Operación Foz”. Era o ano de 1980.
Suso Fernández















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



