Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, queremos informar ós veciños de Burela da clase de equipo de goberno que nos está a gobernar.
Vimos de enterarnos da grande xestión que fixo o noso equipo de goberno municipal do PP no caso do despedimento dunha traballadora (axente de emprego), a todas luces por causas políticas, que executou o Sr Barcia e a súa tripulación nada máis chegar ó goberno de Burela. Este equipo de goberno pensa que pode facer o que lle ven en gana e cando lle ven en gana custe o que custe para os veciños e veciñas de Burela.
Esta traballadora acaba de gañarlle o xuízo polo seu despedimento ó Concello que nos vai a custar ós veciños e veciñas de Burela a cantidade de preto de 15.000 euros máis costas de xuízo. O que máis nos chama a atención é que o posto que ocupaba esta traballadora non é que desaparecese, non, o que fixo o Sr Barcia foi colocar a unha persoa afín á causa do Partido Popular, e todo isto sen importarlle o grave prexuízo económico que lle vai facer ás arcas municipais, ou sexa quítate ti que me poño eu. Ésta é a política do Partido Popular de Burela, colocar ós seus sexa como sexa e custe o que lle custe a todos os veciños e veciñas, dende o PSdG-PSOE non estamos de acordo con esta maneira de facer política, caciquil e clientelar. Non temos máis que dar unha volta polas mesas electorais e ver os interventores do Partido Popular cando temos eleccións para ver como funciona o Partido Popular de Burela, os favores hai que pagalos.
Asistimos unha vez máis á esperpéntica xestión que está a facer este equipo de goberno, que mentres corta o alumeado público, eliminan as axudas que concedía o Concello a asociacións e clubs deportivos e castiga ós veciños de Burela subindo as taxas e imposto preto dun 4%, permítese o luxo de despilfarrar os cartos dos veciños en despidos improcedentes, comidas, soldos desproporcionados e dietas inxustificables.
O que máis chama a atención é que no recurso que presentou o Concello despois do primeiro xuízo que perdeu, xa daba por feito que quería pagar os 15.000 euros, o único que expoñía nese recurso era que baixo ningún concepto readmitiría á traballadora despedida, có que queda claro que o único que quería o equipo de goberno era quitarse de enriba a esta traballadora que levaba catro anos desempeñando á perfección o seu traballo.
Dende o PSdG-PSOE non imos a pedir a dimisión do alcalde como máximo responsable, xa sabemos que unha persoa que leva tantos anos vivindo da política non a presentará, pero o que si queremos manifestar é que estas prácticas non axudan a unha hixiene democrática que nos tempos que corren é máis que necesaria. O que si lle esiximos ó Sr Barcia e ó seu equipo de goberno é que se fagan cargo do pago desta cantidade pola súa mala xestión, dende o PSdG-PSOE non queremos que os veciños e veciñas de Burela paguen os favores políticos do Sr Barcia. Tamén queremos recordarlle ó Sr Barcia, que estas prácticas raian a legalidade e que existen uns delitos que son o de prevaricación e tráfico de influencias que non andan moi lonxe deste tipo de prácticas.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



