SANTIAGO .- A superficie afectada polos incendios forestais en Galiza durante o primeiro trimestre deste ano reduciuse nun 51,84% con respecto ao mesmo período dos exercicios 97, 98, 2000 e 2005, nos que se rexistraron índices semellantes de escaseza de precipitacións. En concreto, no balance provisional realizado pola Consellaría do Medio Rural, sinálase que, ata o pasado 31 de marzo, víronse afectadas polo lume un total de 5.673 hectáreas, o 80% delas de monte raso, e máis da metade localizadas na provincia de Ourense. Mentres tanto, a media rexistrada nos últimos catro exercicios que tiveron os meses de febreiro e marzo máis secos, como tamén foi o caso de 2009, situouse nas 11.779 hectáreas, o que supón máis do dobre de afectación. En opinión dos responsables de Medio Rural, “neste período do ano, no que historicamente se producen repuntes de lumes cando hai seca, por circunstancias moi diversas e que afectan especialmente a monte baixo, o importante é establecer comparativas que teñan utilidade para poder extraer conclusións sobre o funcionamento do dispositivo”. “É por isto polo que non serve calquera comparativa, senón que hai que facela en base a anos con niveis de pluviometría similar, dado que as oscilacións na superficie ardida varían enormemente en función da climatoloxía, pois cando se producen as precipitacións habituais nestes meses apenas arde e cando chove pouco prodúcense repuntes”, indican.
Así pois, debido ao remate da lexislatura e á propia atención que espertaron algúns incendios en días pasados, a Consellaría elaborou este balance provisional da superficie ardida nos tres primeiros meses do ano tomando como referencia os últimos anos con pluviometría similar. Neste sentido, nos exercicios 1997, 1998, 2000 e 2005 rexistrouse unha media de 99 litros por metro cadrado de precipitacións nos meses de febreiro e marzo, sendo moi semellante neste 2009, con apenas dous litros máis, 101, aínda que o pasado mes de marzo foi un 30% máis seco que a media deste mes nos catro anos anteriores.
Segundo os responsables do dispositivo de incendios, estes datos demostran a eficacia do mesmo xa que, “malia non estar plenamente operativo o reforzo de verán, os resultados son satisfactorios e obsérvase unha mellora considerable con respecto a situacións pasadas con condicións climatolóxicas adversas moi semellantes”. Neste sentido, indican que “os protocolos postos en marcha para facerlle fronte á proliferación de lumes durante o pasado mes de marzo e a segunda metade de febreiro, período caracterizado polo escaseza de choivas, os reforzos implementados, así como a flexibilidade que supón contar cunha empresa pública (SEAGA) que permite complementar o operativo contra incendios destinando persoal que estaba facendo traballos de prevención á extinción, deron resultados positivos e demostran que estamos no camiño acaído”. Precisamente, para dar fe de que a eficacia do dispositivo nesta precampaña está sendo satisfactoria, Medio Rural lembra que “mesmo durante o primeiro trimestre do ano pasado, con maior pluviometría que 2009, e que en conxunto foi o mellor da historia en canto á escasa incidencia de incendios, arderon 4.473 hectáreas, cifra moi similar á deste ano, e se nos referimos a 2005, o último exercicio da anterior lexislatura, a afectación fora de 10.306 hectáreas”.
Por último, o balance realizado pola Consellaría tamén reflite que a maior parte dos incendios rexistrados neste período concentráronse nas zonas limítrofes con Portugal, algúns mesmo tiveron alí a súa orixe, e coas provincias de León e Zamora, territorios nos que tamén se produciu un situación semellante de repunte do número de lumes. Neste caso, as comparativas en canto á afectación dos mesmos, tamén poñen de manifesto unha incidencia menor no caso galego, xa que, durante o mesmo período, nos municipios portugueses limítrofes arderon 4.072 hectáreas, mentres que nos galegos da raia a área afectada sumou 1.914 hectáreas. Así mesmo, na comunidade de Castela León nos primeiros tres meses do ano arderon 7.239 hectáreas, unha superficie tamén superior á rexistrada no mesmo período na nosa comunidade.
En definitiva, os cambios operados na política forestal, na prevención, na unificación do mando, na mellora dos medios materiais e humanos, nos protocolos implementados, nos dispositivos informáticos, na participación da sociedade e das agrupacións de voluntarios na prevención e vixilancia, na persecución aos delincuentes, na colaboración dos corpos e forzas de seguridade, na política de aproveitamento da biomasa, etc., “téñense manifestado como adecuados e indican o camiño a seguir”, puntualizan desde Medio Rural. Por último, insisten en que “no tema dos incendios non debe haber triunfalismos estériles, pero os datos dos dous últimos anos nas épocas de máximo risco, e o resultado da precampaña deste ano comparada con anos de similares características climáticas, amosan que estamos no camiño correcto para acabar coa lacra dos incendios forestais e que, se se mantén esa dirección, poderá pórselle fin a esta problemática”.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).