ATA O 28 DE DECEMBRO ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA CARREIRA SAN SILVESTRE RIBADEO 2012.
Ribadeo, 6 de decembro de 2012. O Concello e a Deputación Provincial organizan para despedir o ano a carreira San Silvestre Ribadeo 2012, que terá lugar o 31 de decembro.
Para as categorías inferiores dará comezo ás 16:40 horas polas rúas peonís de Ribadeo. A distancia que percorrerán os participantes na Mini San Silvestre será duns 400 metros. Haberá trofeo ao primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.
No caso da milla os nenos e nenas participantes percorrerán 1.150 metros tamén polas rúas peonís da vila. Nesta proba daránse cita os prebenxamíns, que son nados en 2005 e 2006, os benxamíns nados en 2004 e 2003 e os alevíns nados en 2002 e 2001. Haberá tamén trofeo ao primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría.
Os adultos que participarán na San Silvestre Ribadeo 2012 percorrerán 4.937 metros. A saída estará situada na oficina de turismo e pasará por Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Galicia, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, carretera de Vilaselán, carretera do Faro, camiño das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo e rematará na praza de España, diante do Concello.
Na San Silvestre 2012 establécense as categorías de infantil, cadete, junior, senior e veteranos masculinos e femininos. Haberá medallas para os 3 primeiros de cada categoría (masculino e feminino). Trofeos e premios en metálico para os 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres da categoría absoluta, ao igual que para dos 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres ribadenses. Os premios son de 100 euros, 50 euros e 25 euros e “non son acumulativos”, segundo explican desde a organización.
A inscrición é gratuita. Haberá un máximo de 400 en carreira nen@s e 1.200 en adultos. As inscricións na carreira absoluta e menores con DNI poderá facerse a través de internet na páxina www.championchipnorte.com ata o 28 de decembro ás 23:59 horas e de xeito presencial achegándose ata as oficinas de deportes e información xuvenil do Concello, na Casa da Xuventude, ata o 28 de decembro ás 14 horas. A terceira vía para inscribirse é enviando un correo electrónico a deportes@ribadeo.org tamén ata as 14 horas do 28 de decembro.
As inscricións dos nenos e nenas que non teñen DNI poderá ser presencial ou vía mail.
A retirada dos chips e dorsais da carreira absoluta realizarase o 31 de decembro entre as 15 e as 16 horas no Concello. Ao igual que a retirada de dorsais dos menores.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
