HUGO: ‘CONFÍO EN QUE O AZKAR SEXA O PUNTO DE INFLEXIÓN’
O Burela FS Pescados Rubén volve á competición estreando 2013 e renovando ilusións no primeiro derbi provincial da elite, con necesidade de puntos en ambos os flancos; os laranxas saltarán mañá á pista do Azkar Lugo, ás 21.15 horas, no municipal da cidade amurallada. Un gran coñecedor da estrutura transportista, Hugo Sánchez Flores (Lugo, 1989), xustifica que este pode ser o gran momento dos burelistas para cambiar o rumbo en Primeira: “Confío en que o Azkar sexa o punto de inflexión. O equipo está xogando ben, está competindo. A inexperiencia na categoría prexudicounos demasiado, pero creo que ante o Santiago (2-2), na última xornada, xa demostramos que aprendemos a controlar a ansiedade e nerviosismo dos minutos importantes; soubemos manexar mellor o partido e iso para nós é moi importante psicoloxicamente”.
“Será un partido moi aberto” adiantou o ala burelista, que chegou ás filas mariñás esta tempada dende Santa Coloma, facendo balance ademais do seu acomodo na costa luguesa: “Estou disputando minutos, e minutos importantes, iso é de agradecer, aínda que tamén me gustaría participar máis no aspecto finalizador”.
Hugo destacou a xuventude e traballo do Azkar, na undécima praza (7 puntos) e tamén falou das súas armas:“Tiven a oportunidade de velos no último partido, ante o Zaragoza (4-4), e gustáronme moito”, apuntou Hugo, incidindo nas virtudes do rival: “É un equipo alegre, con xente moi nova, ao que lle gusta correr e que se alimenta do contraataque. De todos os xeitos, nós témolo claro, debemos frear o xogo co que se senten cómodos, evitando as contras e obrigándoos a ter máis posesión do balón para marcar os tempos do encontro” explicou o xogador laranxa.
“Para min será un partido moi especial; vai gustarme moito xogalo. Xa tiven a oportunidade o ano pasado con Marfil, pero desta vez chegarei orgulloso de xogalo defendendo as cores dun club galego e da provincia para ser o rival dun equipo que me deu moito, e ao que creo que tamén lle dei, e dunha estrutura na que entrei xa aos 6 anos” falou con emoción o lugués do club onde medrou.
Hugo tamén valorou o animado desprazamento do venres tanto da peña A Pataca Naranxa, con máis de 150 socios, coma de moitos outros afeccionados burelaos: “Creo que o apoio da nosa afección se vai facer notar, e moito; isto podería cambiar a dinámica do partido. O equipo non compite igual fóra e estar arroupados polos nosos seareiros repercutirá beneficiosamente na nosa actitude e ambición”. “Ao estar tan preto e rodeados dos nosos laranxas, teremos certo sentimento de equipo local” concluíu o ala burelista.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
