A Deputación reedita as súas axudas a todas confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia
-A institución colabora un ano máis con estes colectivos mediante subvencións por un valor superior ós 20.000 euros, que se repartirán en cantidades iguais, sendo a única Deputación en Galicia que colabora coa totalidade de cofradías que existen na provincia
-Lara Méndez salienta que “o traballo deste Goberno Provincial dista moito do feito polo PP, que só concedía axudas á Cofradía do Vicedo, discriminado ós restantes colectivos”
A Deputación renova un ano máis as axudas para o impulso económico e o desenvolvemento das actividades de todas as cofradías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da Mariña. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, avanzou que “no 2013, a totalidade destes colectivos recibirán máis de 20.000 euros, distribuídos en cantidades iguais, mantendo o noso investimento con respecto ó ano pasado, a pesares de contar cun Orzamento menor, así como os seus beneficiarios e as condicións de reparto”.
Deste xeito, ó igual que no 2012, os colectivos que recibirán estas axudas son: Cofradía de Pescadores do Vicedo; Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro; Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo; Cofradía de Pescadores de Burela; Cofradía de Pescadores de San Ciprián, Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e a Cofradía de Pescadores de Foz.
Precisamente, Lara Méndez, tivo a oportunidade de avanzar esta nova ó patrón maior da cofradía de Foz, Juan Ramón Lestegás, a pasada fin de semana, aproveitando o encontro que mantiveron durante a Festa do Berberecho desta localidade mariñana -que tamén conta dende hai anos co apoio económico da institución provincial que outorga directamente ó Concello focense 3.000 euros para desenvolvemento desta cita-.
Antes, só Vicedo
A Vicepresidenta subliñou que “o traballo deste Goberno Provincial dista moito do que leva a cabo o Partido Popular quen, cando dirixía a Deputación, só concedía axudas á Confraría do Vicedo, colectivo que recibía unha media de 12.000 euros ó ano, discriminando deste xeito ós restantes colectivos da provincia”. Actualmente, a institución luguesa é a única das Deputacións galegas que colabora con todas as confrarías da súa provincia.
A única diferencia das axudas ás confrarías para 2013 con respecto ás do ano pasado é que, anteriormente, era o Inludes a administración provincial que outorgaba estas subvencións mediante o chamado Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes. Tendo en conta a disolución deste organismo a finais do 2012, agora é a Deputación quen, directamente, se encargará de conceder estas axudas que, tal e como reiterou a Vicepresidenta Segunda, “son iguais e para todos os colectivos da provincia. Nós non facemos discriminacións”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



