O próximo venres día 25 de xaneiro remata o prazo para recoller as invitacións para a Cea-Baile de Coroación da Raíña de Entroido 2013 en Foz. Esta cea supón o pistoletazo de saída aos actos do entroido focense. A cea á que asistirán aproximadamente 300 persoas e que este ano terá lugar no pavillón do colexio Martínez Otero de Foz, custa 23€ cun menú tradicional de cocido e postres de entroido. Amenizará a festa o Grupo Casino Sevilla.
Coroarase á nova raíña 2013, Ana Alonso Pérez e ás súas damas Elena López Amieiro e Andrea Rey López. Ademais, o vindeiro domingo día 27 de xaneiro ás 13.30 h. no CENIMA terá lugar a inauguración da exposición de entroido 2013. Esta exposición que se poderá visitar dende o 27 de xaneiro ata o 27 de febreiro.

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



