Xuventude convoca un concurso de declaracións de amor a través de Twitter polo Día dos Namorados
Cervo, 31 de xaneiro de 2013-A Concellería de Xuventude convoca o I Certame de cartas e poesías de amor na rede con motivo da celebración do Día dos Namorados o próximo 14 de febreiro. En concreto, trátase dun concurso no que se elixirá a mellor declaración de amor pensada para ser enviada pola rede social Twitter e que, polo tanto, terá como peculiaridade que non poderá superar os 140 caracteres. Deste xeito, as frases ou poemas de temática amorosa deberán ser breves e orixinais, condensando o contido da mensaxe en poucas palabras.
A edil de Xuventude explicou que este certame “busca conxugar a tradición das cartas de amor coas novas formas de comunicarse que utiliza a sociedade, como é o caso das redes sociais”. Yolanda Pedreira asegura que neste caso, para a primeira edición deste certame “eliximos Twitter xa que esta aplicación obriga a resumir e concentrar a mensaxe, que pode resultar moi directa, orixinal e creativa”.
En canto ás bases, establecen que os traballos deberán presentarse en folio tamaño DIN-A4 acompañado dunha folla cos datos persoais do autor. O prazo está aberto ata o 14 de febreiro e a entrega deberá facerse na Casa do Concello ou na Cultura de San Cibrao. Á hora de elixir os traballos gañadores estableceranse dúas categorías, de 14 a 17 anos, e de 18 anos en diante, establecéndose un premio por categoría. Será no mes de marzo cando se coñecerán os nomes dos gañadores, que ademais verán publicados os seus tuits nas redes sociais do Concello.




















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



