A entrega de premios aos gañadores e gañadoras do XII Certame de Poemas de Amor do Concello de Foz realizarase no Festival dos Namorados que se celebrará o sábado día 9 de marzo ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. O acto contará tamén cun recital poético-audiovisual a cargo de Yolanda Castaño. A Biblioteca Pública agrade a todos/as a participación no certame, onde se recibiron poemas na categoría de adultos de fóra de Foz (Lugo, ALfoz, Burela, Ribadeo, As Pontes, Cee…). Os galardoados foron: Candela Fernández López (Xove, 1º premio en categoría infantil), Marina Isabel Riesco Amurrio (Foz, 1º premio en categoría xuvenil), María González Fernández (Foz, 2º premio na categoría xuvenil), Arturo Mogo (Ribadeo, 1º premio na categoría de adulto) e Laura Díaz García (Foz, 2º premio na categoría de adulto).






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



