Ribadeo, 6 de marzo de 2013. En breve dará comezo a segunda edición do Café de Idiomas, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de Mocidade, Xavier Campos. Os interesados en participar nesta actividade, na que dunha maneira informal e divertida se practica e se mellora un idioma, poden dirixirse ao longo dos vindeiros días á Casa da Xuventude.
O edil nacionalista explicou que “desde a área de Mocidade do Concello de Ribadeo estamos a piques de poñer en marcha a segunda edición do Café de Idiomas. Tivo un éxito notable o primeiro ano e consiste basicamente en facilitar que todas aquelas persoas de Ribadeo interesadas en compartir, en practicar e en mellorar os seus coñecementos nun idioma determinado (inglés, francés e alemán ou aquela outra lingua na que haxa un número mínimo de persoas interesadas) poidan facelo”.
Campos lembrou que “o Café de Idiomas é unha xuntanza semanal que se fai na Casa da Xuventude e na que a Concellaría de Mocidade o que ofrece é un espazo de reunión e tamén un café, un entorno que faga máis acolledora e máis cómoda a conversa entre persoas diferentes que poden coñecerse, pero tamén pode que non sexa así, e que teñen o obxectivo común de practicar unha determinada lingua”.
O concelleiro de Mocidade indicou que “este ano a idea que temos é a de conformar grupos de diferentes idiomas: de inglés, francés, alemán, italiano ou de calquera outro idioma cun número mínimo de persoas que xustifiquen a creación dese grupo. Ese número mínimo poñémolo arredor de 5 e despois simplemente calquera persoa interesada nesta actividade o único que ten que facer é chamar ou pasarse pola Casa da Xuventude de Ribadeo e mostrar o seu interese”.
A actividade é totalmente gratuíta “e realmente o que queremos é que sexa auto xestionada, que os grupos se organicen para quedar, para poder practicar a lingua que decidan. Temos a idea de que se sexa durante os martes e os xoves á tarde, pero nese aspecto tamén podemos ser flexibles e buscar outros momentos se o grupo de persoas interesadas así o considera. O importante é que se transmita a idea de que o Café de Idiomas volve comezar e que todas as persoas interesadas o único que teñen que facer é chamar ou pasarse pola Casa da Xuventude de Ribadeo para obter toda a información”, engadiu Xavier Campos. O teléfono para informarse é o 982 129 889.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



