Cervo, 7 de marzo de 2013-A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, estarán presentes este sábado na XXII Festa do Ourizo de San Cibrao. A conselleira será a encargada de inaugurar, ás 11:30 horas, as XIII Xornadas Técnicas, un acto co que se marcará oficialmente o inicio desta cita gastronómica. Pola súa banda, a delegada clausurará as xornadas, nas que se inclúen a charla de Pilar Lechuza (www.lacocinadelechuza.com/) e o show cooking a cargo dos cociñeiros Pepe Vieira e Pepe Solla.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu aos representantes do goberno da Xunta que aceptasen o convite realizado dende o Concello de Cervo para asistir a esta festa de Interese Turístico Galego. Villares destaca que nos últimos anos “recibimos a visita de numerosas autoridades que viñeron a amosarnos o seu apoio a esta cita gastronómica”.
Ademais das autoridades que asistirán, hai máis novidades ao redor desta festa, como son os pratos que prepararán os cociñeiros con estrela Michelin Pepe Solla e Pepe Vieira. Cada un elaborará tres especialidades diferentes nas que mesturarán o sabor do ourizo con outros ingredientes, doces ou salgados, e cos que demostrarán a versatilidade do equinodermo. Ao mesmo tempo, tamén combinarán pratos nos que o ourizo se poderá degustar enteiro e servido con acompañamento, con outros nos que o ourizo se mesturará con máis produtos para dar lugar a cremas e salsas.
En concreto, Pepe Solla ten previsto preparar os ourizos en cru acompañados dunha crema de apio nabo e wasabi; tamén fará unha crema de ourizo para dar sabor a mar a uns ravioli; e unha pre sobremesa de cítricos, chocolate e ourizo. Pola súa banda, Pepe Vieira mesturará o ourizo con mazá; preparará o ourizo cunha caldeirada de algas e servirá aguacate con escuma deste equinodermo.

























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



