O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avaliou hoxe o resultado das “austericidas” políticas de Feijóo en Lugo cando está a piques de cumprir 4 anos e 100 de días á fronte do Goberno galego, denunciando que “só de dedicou a mentir ós lucenses. Agora desmantela os Hospitais da Costa e de Monforte coa creación dunha Área Sanitaria de Xestión Integrada en Lugo, que prometera non facer no 2009, ignorando a opinión de profesionais, compañeiros de partido ou miles de cidadáns que saíron, e obrigando ós 120.000 usuarios destas instalacións a desprazarse máis 100 quilómetros ata a capital luguesa para contar con diferentes especialidades sanitarias. Pero non con todas. Os lucenses non temos Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia, Medicina Nuclear ou Cirurxía Pediátrica porque Feijóo prefire que nos despracemos a outras provinciais galegas, poñendo en risco a nosa saúde e facendo que para os lucenses a sanidade sexa máis custosa e menos universal”.
Martínez engadiu que “os resultados das austéricas políticas de Feijóo supuxo que os lucenses gastemos 500.000 euros ó mes co repago das menciñas, cartos que se ingresan nas arcas autonómicas. Nembargantes, non contamos co financiamento da Xunta para servizos sociais e políticas activas de emprego como os restantes galegos porque, para isto si, Feijóo trata os lucenses como cidadáns de segunda”.
Destrución de emprego
Sobre a situación laboral, o voceiro socialista subliñou que “Feijoo fixo que Lugo fose a provincia galega onde máis se incrementou o paro, con case 30.000 lucenses desempregados na actualidade. Todo fai indicar que esta cifra seguirá a aumentar coas políticas de desertización e da avestruz que Feijóo adopta co tecido empresarial. Nada fixo por solucionar a situación de Alimentos Lácteos malia concederlle subvencións de 5 millóns de euros. Tampouco actuou en con Cosmos ou Tablicia. Por iso, hoxe perigan os 2.200 empregos que xeran estas tres factorías na provincia. Todo isto, tras destruír os 7.000 empregos que se xeraría o concurso eólico en Lugo, que Feijóo decidiu paralizar por intereses persoais e partidistas, tal e como demostrou a xustiza”.
Rural, infraestruturas ou preferentes
Ó respecto do rural, Martínez subliñou que “o único que acadou Feijóo en Lugo foi o peche de 1.7000 explotacións, o desmantelamento de Preescolar na Casa que beneficiaba a 700 cativos ou o peche de 40 unidades escolares”. Sobre as infraestruturas lucenses, “nada sabemos da Ronda Leste, seguimos sen a VAC na Mariña, sen o Porto Seco ou sen mellorar as instalacións portuarias malia as repetidas promesas incumpridas”. O socialista remarcou que “e que podemos dicir cando 14.000 lucenses afectados pola preferentes seguen á espera dunha solución por parte de Feijóo, quen ata recoñeceu ser coñecedor do problema que provocarían estas participacións e, aínda así, nada fixo mentres os veciños investían nelas todos os seus aforros”.
O voceiro sentenciou salientando que “van 4 anos e 100 días de mentiras, de desprezo absoluto ós lucenses, de desgoberno, desmantelamento dos servizos público e de abandono total en Lugo da principal administración galega”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



