A Mariña, 15 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denunciou “o anuncio trampa” do Presidente da Xunta para a licitación do Plan Director do Hospital da Costa xa que non é mais que un intento de desviar a atención da decisión de rematar coa autonomía sanitaria da comarca. Dende a Plataforma aclaran que tendo en conta os tramites pendentes pola propia Xunta e o estado de tramitación do Plan Xeral de Burela estariamos falando de moitos anos antes de que se poña a primeira pedra dunha ampliación que será inútil de aprobarse o Decreto de Xestión Integrada de ámbito Provincial xa que baleirará de persoal sanitario e por tanto de contido esas instalacións e os seus centros de primaria asociados.
O ANUNCIO TRAMPA DE FEIJOO É UNHA CORTINA DE FUME PARA TAPAR A MORTE DO HOSPITAL E DA SANIDADE PÚBLICA NA MARIÑA.
O anuncio de Feijoo “é un anuncio trampa, carente de credibilidade xa que promete aumentar o continente ao tempo que baleira o seu contido”. Para a Plataforma o verdadeiro problema está no decreto de xestión integrada que a Xunta pretende aplicar no ámbito provincial que provocará a desaparición de persoal sanitario e servizos especializados para substituír unha prestación sanitaria estábel por outra de carácter ambulante, “dende a plataforma advirten que un hospital ampliado con especialistas que veñen pasar consulta dende Lugo non é un hospital é un ambulatorio”. As declaracións da Conselleira de Sanidade anunciando o traslado de facultativos á costa de maneira puntual ten dobre recorrido xa que a mobilidade do persoal sanitario por toda a provincia “nin mellora, nin estabiliza os servizos sanitarios na comarca”. Na mesma liña acusaron ao Presidente da Xunta e ao PP da Mariña de enganar e mentir de forma continuada á comarca e reclamáronlles a mesma coherencia e dignidade que están demostrando os e as profesionais sanitarios ou o propio equipo directivo cunha dimisión que pon en evidencia o retroceso da medida que a Xunta e o PP pretenden aplicar.
SE CHEGAMOS A VER ALGÚN DÍA A AMPLIACIÓN DO HOSPITAL NON SERÁ ATE DENTRO DE MOITOS ANOS.
A plataforma quixo deixar claro que o anuncio de Feijoo, “aínda sendo un xogo de trileiros” ven motivado pola presión social exercida na comarca pero matizaron que por moito que se apuren os prazos non será realidade ate dentro de varios anos. Neste sentido explicaron que á licitación do Plan Director deberá seguir a posterior redacción do proxecto construtivo, a saída a concurso e adxudicación das obras e súa execución, “que por moito que se apuren os prazos e se doten de partidas orzamentarias específicas non veremos a primeira pedra nin neste, nin no próximo exercizo. A maiores aclaran que o estado de redacción do Plan Xeral de Burela onde hai unha reserva de solo para a ampliación do hospital, “a día de hoxe non existe” xa que o PXOM está nunha fase inicial pendente dos trámites de aprobación provisional e definitiva que demorarán varios anos a posta a disposición do solo necesario para a execución dunhas obras que chegan tarde.
OS COMPROMISOS DOS DIRIXENTES DO PP DA MARIÑA SON PAPEL MOLLADO E NON SON CRIBLES MENTRES SIGAN DANDO AS COSTAS Á CIDADANÍA
Para a plataforma é lamentábel ver como dende a Xunta e o Partido Popular da Mariña tratan de enganar á cidadanía con xogos de maxia de curto recorrido que non fan mais que deixar a súa credibilidade á altura do chan, “é evidente que o PP trata de ganar tempo con enganos para aprobar un decreto que será a morte da sanidade pública na Mariña e porá fin a calquera posibilidade de mellorala”. Os compromisos do PP da Mariña coa sanidade pública son papel mollado mentres sigan dando as costas ás demandas da cidadanía.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



