Burela, a 16 de marzo de 2013.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe “o máis absoluto apoio e respaldo á denuncia presentada contra dous membros do PSOE burelés”, que a través dunha nota de prensa acusaron ó edil Manuel Fernández Valle e ó Grupo Municipal do PP de prácticas ilegais e de beneficiarse de cartos públicos.
Para os populares, “estas formas de conducirse na política non son as máis axeitadas. A liberdade de expresión, que nós defendemos, non pode ser a tapadeira de posibles insidias e calumnias. Non se pode tirar a pedra e esconder a man, e non se pode practicar aquelo de ‘difama, que algo sempre queda’. Segundo o noso entender, iso é o que fixeron estes membros do PSOE local, e polo tanto consideramos totalmente correcta a medida adoptada polo Grupo Municipal Popular, medida que respaldamos totalmente”.
Segundo o PP burelés, “non se pode sementar dúbidas sobre a honorabilidade e honradez das persoas; non se pode sementar dúbidas, entre os veciños, sobre supostas prácticas de corrupción. E quen así actúa, debe ser consciente de que quen se sinta aludido solicite o amparo da Xustiza, que é o que fixeron os nosos compañeiros do Grupo Municipal Popular”.
Ademais, “respaldaremos calquera medida semellante que se adopte por calquera membro do Grupo Municipal ou polo Grupo mesmo, no caso de volverse a producir unha situación semellante á presente”.
Os populares afirman que “dentro do xogo político entra, por suposto, a crítica, que aceptamos e aceptaremos sempre, pero non entran outras cuestións coma as suscitadas polos membros do PSOE que asinaron a nota de prensa, ó noso parecer absolutamente calumniosa e inxuriosa contra Fernández Valle e os membros do Grupo Municipal Popular”.
Finalmente, os populares manifestan ter “absoluta confianza na Xustiza, porque é o garante non só da liberdade de expresión, senón do respecto ó honor e á honradez das persoas que se adican á política, actividade que consideramos é honesta e honrada”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



