Espazo Ecosocialista aposta por un Nova Cultura da Auga baseada na inalienabilidade, a integridade e a sustentabilidade.
A auga é un elemento central da vida e como tal cumpre unha función ambiental e social básica, facendo parte do ben común do conxunto dos seres vivos que habitamos este planeta. A presión que o uso industrial, agrícola e doméstico exerce sobre a súa dispoñibilidade aumenta sen control, parellos aos problemas de potabilización e depuración intrínsecos ao noso modelo de consumo de auga. A situación dos sistemas húmidos galegos son unha proba evidente destes problemas. Hai poucas semanas unha comisión da Unión Europea constataba o preocupante estado dalgunhas rías galegas, afectadas por graves problemas de contaminación por verquidos.
A xestión da auga abrangue multitude de elementos que cumpre teren en conta para enfrontar o seu uso desde a óptica da sustentabilidade: a conservación dos ecosistemas húmidos tanto como fontes de extracción como de recepción, a calidade e eficiencia no subministro, a optimización da depuración, un control rigoroso dos usos industriais, agrícolas e persoais e o traballo permanente de fomento do aforro e a eficiencia no seu desfrute.
Como xestionemos todos estes elementos, tanto desde o punto de vista da apropiación como do verquido, afecta directamente á calidade do noso medioambiente e definirá invariablemente o grao de sustentabilidade da nosa sociedade.
O primeiro paso e recoñecer e establecer o seu carácter público e colectivo, a súa inalienabilidade. Este carácter colectivo esixe unha xestión pública como garante. A meirande parte dos concellos galegos teñen hoxe en día privatizada a xestión, moita dela en mans de transnacionais con preocupantes currículos nos conflitos da auga desenvolvidos en América Latina. É urxente reverter esta situación para garantir que os principios reitores da xestión da auga sexan a a sustentabilidade, a moderación e a racionalidade. A auga debe ficar fora de calquera proceso de privatización, especulación e mercantilización, lexislado ou por lexislar, sendo o seu caracter público o que materialice o investimento de calquera posíbel beneficio en medidas para garantir a calidade ambiental de todos os aspectos que integran o ciclo da auga. Non é casualidade que nos ultimos acontecementos de corrupción municipal que se están a coñecer teñan a algunha empresa de xestión de augas presuntamente implicada.
O segundo paso é asumir o ciclo da auga como un proceso integral. Isto obriga a reorientar os conceptos e procesos da xestión da auga, adoptando unha visión holística. Cumpre ter en conta os aspectos ambientais, a biodiversidade, os elementos sociais, económicos e enerxéticos, o cambio climático, etc.. Os procesos de potabilización e depuración non deben comprometer a calidade biolóxica, social, produtiva ou recreativa da contorna, respectando o dominio público hidráulico, os espazos naturais, a marxe do río , a súa chaira de asolagamento e as marismas e xunqueiras das desembocaduras.
A sustentabilidade tamén esixe adecuar tamaños, reducir a concentración de impactos negativos e a simplificación de instalacións. A descentralización da depuración debe substituír ás grandes EDAR que son na actualidade os piares do sistema. Esta descentralización garante unha maior depuración en caso de fallos no sistema, reduce os custos das infraestruturas e a necesidade de bombeo e minimiza o impacto ambiental e social. Na selección do sistema de depuración debe primar tamén o menor consumo enerxético e a menor complexidade técnica.
O terceiro eixo da sustentabilidade no consumo da auga é a tarificación que premie o aforro e penalice o desbaldimento. Definirase unha política de prezos que grave o consumo real de auga para fomentar o aforro, e revirta os ingresos obtidos na mellora do recurso e dos ecosistemas húmidos. Débese recoñecer o dereito cidadá ao acceso á auga potábel e garantir uns mínimos vitais exentos de gravame fiscal para toda a cidadanía.
As administracións públicas teñen a obriga de garantir que a explotación racional dos recursos hídricos actuando decididamente sobre o aumento incontrolado das demandas de auga para usos urbanos, agrarios, industriais e enerxéticos e establecendo todas as medidas necesarias que garantan a depuración e o óptimo estado da rede minimizando as perdas de auga potábel no subministro.
O uso da auga para a produción enerxética tamén é unha das grandes causas de deterioro dos sistemas fluviais e é responsabilidade das administracións establecer e facer cumplir os rexímenes ecolóxicos de caudais dos ríos afectados por centrais hidroeléctricas e impedir a construción de novas centrais, revertendo ao dominio público das concesións no momento de rematar.
Mais tamén é imprescindíbel a acción cidadá consciente para o que precisamos dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá para que os principios e os preceptos da Nova Cultura da Auga sexan asumidos e interiorizados pola nosa sociedade. Este programa debe adaptarse aos distintos sectores, ámbitos e idades, coa finalidade de atinxir que a cidadanía asuma unha postura de responsabilidade no uso e xestión da auga.
En definitiva, o noso futuro depende da auga, e o futuro da auga depende da nosa capacidade de optar por unha xestión pública, intelixente, ecolóxica e solidaria deste recurso prezado. No seu día internacional, Espazo Ecosocialista chama á loita por unha transformación das conciencias, das estruturas e das políticas da auga que garanta no futuro a súa calidade e dispoñibilidade e a dos ecosistemas baseados nela, e así tamén o noso propio futuro.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



