A Banda de Música Nuestra Señora de la Misericordia de Viveiro organiza o III Concerto Benéfico mañá, domingo, ás 6 da tarde na Capela das Concepcionistas. A recadación deste concerto cada ano adícase a unha entidade social, e este ano foi elixida As Fillas do Divino Celo – Rogacionistas, destinando estes fondos ao mantemento dos tres centros sociais de ámbito comarcal que sostén esta congregación. En concreto, ó Centro María Nazarena, de acollida de mulleres con fillos ao seu cargo e aos Centros San Aníbal, onde se acolle a nenos/as e adolescentes en situación de tutela, garda ou atención de día. Fillas do Divino Celo expresan o seu agradecemento á Banda Nuestra Señora de la Misericordia, así como, ao Concello de Viveiro, á Fundación ALCOA e ás nais Concepcionistas que colaboran neste acto.
III Concerto benéfico Semana Santa de Viveiro
III Concerto benéfico Semana Santa de Viveiro
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebra este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño