As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén diversifican competicións esta fin de semana en fases moi diferentes.
Xuvenís, cadetes e infantís afrontan a recta final de Autonómica con tripla cita ante a EDM Guitiriz; o pavillón da Veiga (San Cibrao) acollerá os encontros o domingo, por coincidir un torneo de ximnasia rítmica en Vista Alegre.
Dando os primeiros pasos, cadetes e alevíns desprazaranse ata Foz nunha nova fase de Deporte Escolar, para disputar a final do Campionato Comarcal, o sábado pola mañá. Tamén comezarán unha nova etapa os xuvenís, que estrearán a Copa Liga Nacional coa visita do Azkar Lugo, o domingo, no pavillón Monte Castelo.
Copa Liga Naciona Xuvenil
Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 21 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
Liga Autonómica Xuvenil
Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 18.40 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao
Liga Autonómica Cadete
Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 17.00 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-EDM Guitiriz
Domingo 21 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón da Veiga de San Cibrao
Campionato Comarcal-Deporte Escolar
ED EON Burela FS Alevín A-ED Lourenzá Alevín (Semifinal)
Sábado 20 de abril, ás 10.50 horas, no pavillón do Colexio do Pilar de Foz
Burela FS Cadete A-Burela FS Cadete B (Semifinal)
Sábado 20 de abril, ás 10.50 horas, no pavillón de Marzán de Foz





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
