O secretario xeral da CIG chamou a preparar novas mobilizacións, sen descartar folga xeral antes do verán, ante o anuncio do PP de novas reformas.
A CIG sae á rúa contra as últimas reformas que precarizan as condicións laborais da mocidade, dificultan as xubilacións anticipadas e o acceso ao subsidio a maiores de 55
A respecto das reformas que se van aprobar este venres, Xesús Seixo afirmou que “serán máis duras do que se prevían ao desfasarse as previsións que fixo o goberno sobre a caída do PIB.
Lugo, 24 de abril de 2013. Esta mañá, o BNG saíu á rúa apoiando o acto público e a manifestación que a CIG desenvolveu en Lugo, no que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, analizou as últimas reformas feitas polo goberno do PP no Estado e augurou a nova aprobación dun paquete de medidas no Consello de Ministros deste venres “que serán máis duras do que se prevían ao desfasarse as previsións que fixo o goberno de Rajoy sobre a caída do PIB, que situaban nun 0,5 %, mentres que o FMI e a Unión Europea situaron a caída nunha cifra que triplica esta previsión, no 1,6 %, polo que isto vai incidir no que son os ingresos do propio Estado e no déficit público. O único que podemos agardar deste venres é que anuncien novas medidas moito máis duras de recorte do gasto público, polo que vai afectar aos sectores que xa se viron atacados: ensino, sanidade… e posiblemente tamén de incremento de impostos, non só indirectos, senón tamén directos, porque nós tememos que se incrementen de novo as cotizacións do IRPF que prexudican principalmente á clase traballadora”.
O secretario xeral da CIG denunciou as últimas medidas aprobadas en Consello de Ministros. Nomeadamente o R.D. Lei 4/2013, do 22 de febreiro, polo que se aproba un plan de contratación a menores de 30 anos e modifícase a regulamentación das ETTs, entre outros, e o R.D. Lei 5/2013, do 15 de marzo, no que tamén se muda a regulamentación e requisitos para a xubilación parcial e anticipada; o fomento da xubilación en activo e recórtase o subsidio de desemprego para maiores de 55 anos. Para Seixo estas medidas non supoñen nada novidoso con respecto ao que veñen sendo as políticas do PP, “ recortar dereitos, proporcionar man de obra barata á patronal e sacar medidas especialmente duras cos sectores máis desfavorecidos e os que están a sufrir de forma máis directa as consecuencias da crise económica”, denunciou.
A este respecto subliñou a gravidade de aprobar unha nova regulamentación para os contratos a menores de 30 anos, subvencionados, que permiten salarios inferiores aos 500 euros e, nalgúns casos, mesmo sen dereito a prestación. Regulamentación que vén empeorar as xa precarias condicións contempladas nos contratos de formación e prácticas. Denunciou que se favoreza a contratación de xubilados/as mantendo o 50% da súa pensión, nunhas condicións moi beneficiosas para a empresa. Unha medida coa que se dificulta, dixo “a incorporación ao mercado laboral de traballadoras/es en paro e que é, na práctica, discriminatoria no sentido de que non todos os xubilados/as chegan a esa idade nas mesmas condicións físicas e económicas”.
Reformas o 26 de abril
Respecto do anuncio dun novo paquete de reformas a aprobar no Consello de Ministros do vindeiro venres 26 de abril, Seixo advertiu que o que se pretende, por exixencia da UE, é abaratar máis o despedimento; rebaixar os salarios; subir os impostos indirectos e non revalorizar as pensións en función da carestía da vida.
“Séguese a insistir nas políticas de sempre, que non serven para reactivar a economía e saír da crise. Políticas que pretenden que os custos da crise caian nas clases populares”, denunciou, “mentres a banca e as grandes empresas campan ás súas anchas, fan despedimentos masivos e seguen evadindo impostos a través dos paraísos fiscais”.
Ante esta situación proclamou que o goberno do PP “non nos representa” e que esta UE, “non nos interesa” e fixo un chamamento a seguir a mobilizarse, atentos/as ás medidas que se aproben o día 26 porque se son segundo o previsto “haberá que preparar novas mobilizacións, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral antes do verán”.
Ademais, o secretario xeral da CIG fixo un convite a todos e todas as traballadoras a participar de xeito masivo nas manifestacións o 1 de maio, Día Internacional da Clase Obreira, e que “os traballadores e traballadoras deste país deamos contestación ás políticas neoliberais que están a minar os nosos dereitos”.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



