As monitoras de Gaia impartiron hoxe unha charla aos alumnos de 2º de Bacharelato no IES Monte Castelo sobre a xestión eficiente dos residuos. Nesta actividade organizada dende a Concellería de Medio Ambiente de Burela explicouse aos alumnos os tipos de residuos que hai, facendo fincapé nos residuos domiciliarios. “Por xestión enténdese a recollida, clasificación, almacenamento, transporte e eliminación dos residuos. Con esta charla tratamos que os alumnos comprendan o complexo proceso de xestión e que se decaten do grave problema medioambiental que supón a gran cantidade de residuos domésticos que xeramos. Tamén se lles explicou como podemos actuar e a conveniencia de aplicar a regra das tres R: reducir, reciclar e reutilizar”, sinalaron desde a Concellería de Medio Ambiente.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



