Mondoñedo, 1 de maio de 2013. A comisión das festas das Quendas repartiu hoxe preto de 1.300 euros en premios na feira de gando.
O premio para o maior numero de gando cabalar de monte, cun mínimo de 50 cabalos foi para Luciano García, cun importe de 350€. O segundo premio desta categoría, cun mínimo de 25 cabezas, foi para Amancio Ares, cun importe de 200€.
Na categoría de maior numero de cabezas de gando de poni galego, cun mínimo de 15 cabezas foi para Ricardo Veiga Lugilde (na fotografía), cun importe de 180€.
O premio para o cabalo de pura raza galega foi para Andrés Veiga cun importe de 100€. O segundo premio desta categoría foi para José García, cun importe de 80€.
O premio ao mellor cabalo percherón foi concedido a Ramona Sánchez, cun importe de 90€.
O premio para o mellor cabalo de sela foi para Inés Cendan, cun importe de 100€. O segundo premio nesta categoría foi para Avelino Maseda cun importe de 80€.
Na categoría de mellor poldro nacido no 2013 o premiado foi para Raúl Lende, cun importe de 80€, o segundo premio foi para Hermes Sánchez, cun importe de 50€.
Por ultimo, o premio para o mellor cabalo engalanado ao xeito tradicional galego foi para Moncho Barreira, cun importe de 50€.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



