Deles, unha vintena serán competidores da Mariña que participarán nas katas e tamén haberá demostracións doutras artes marciais, unha delas ofrecida polo grupo de Tai-Chi da vila
Cervo, 2 de maio de 2013-A Delegación de Deportes, que dirixe Luis Guillén, vén de anunciar que o pavillón da Veiga de San Ciprián será o escenario para a celebración do V Campionato Galego de Tai-Jitsu que organiza a Federación Galega de Karate a través da Asociación de Artes Marciais Orientais da Mariña coa colaboración do Concello, a ANPA do CEIP Cervo nº1 e a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia. Deste xeito, a instalación deportiva disporá dun tatami no que este sábado a partir das 17:00 horas se desenvolverán as katas e as demostracións programadas.
Este campionato organízase todos os anos nun punto diferente de Galicia ao tratarse dunha competición de nivel autonómico e, nesta ocasión, o lugar elixido foi San Ciprián. Polo momento hai inscritas unhas 60 persoas federadas vinculadas a un club, a maior parte das categorías alevín, infantil e xuvenil, aínda que tamén haberá participantes sénior. Deles, preto de 20 son mariñáns.
Precisamente por contar na súa meirande parte con competidores menores elixiuse a modalidade de kata para o desenvolvemento do campionato, de forma que non se producirán enfrontamentos nin loitas entre os participantes.
Ao mesmo tempo, entre os actos tamén se inclúen diversas demostracións doutras artes marciais. En concreto trátase do grupo de alumnos de Tai Chi de San Ciprián ao que tamén se unirá outra demostración de Iaido, unha arte que se practica cun iaito, unha arma branca semellante a unha catana.
O edil de Deportes, Luis Guillén destaca a importancia de “diversificar a oferta deportiva e de actividade física dándolle visibilidade a disciplinas minoritarias como o Tai-Jitsu e que, precisamente por iso, merecen un esforzo e un apoio maior”. Ao mesmo tempo, Guillén manifestou a súa satisfacción porque este campionato galego teña “o noso concello como sede nesta edición”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
