O programa Parolando de Radio Valadouro incluíu un intenso e interesante debate no que participaron o deputado Vidal Martínez Sierra e catro representantes dos diversos grupos sanitarios do Hospital da Costa, en concreto Blanca Reimunde (analista), Pilar Alonso (radióloga), Elena Montes (auxiliar de enfermaría), Pilar Palmeiro (enfermeira) e Berta González (analista). Na sección “O Desván” Matías Nicieza entrevistou a Luís Fernández Ansedes, organizador dun acto cultural en Mondoñedo o pasado día 1, durante a festa das Quendas. Sabela Quirós, na sección de Xuventude, entrevistou a cinco membros do Motoclub do Valadouro, que organizan a vindeira fin de semana a XVIII Concentración de Motos en Ferreira, e a Miguel Souto, un dos membros da Comisión Organizadora das festas das Quendas en Mondoñedo. Tamén contaron coa sección de “Curiosidades” de Pepe de Xermán.
