Foz a 6 de maio de 2013. O BNG presentou unha moción para debate no pleno deste mes co fin de expresar o rexeitamento e pedir a inmediata retirada da proposta do Goberno do Estado relativa á supresión dos Xulgados de Paz e a asunción por parte dos Rexistros da Propiedade e das Notarías das funcións dos Rexistros Civís. Na mesma moción instase á Xunta de Galiza a que demande do Goberno Central o mantemento dos Xulgados de Paz, así como a que se garanta a gratuidade das funcións que prestan os Rexistros Civís.
Os xulgados de paz desaparecerán dos nosos pobos
A proposta do Goberno central avoga claramente pola desaparición dos Xulgados de Paz, ao figurar que a potestade xurisdicional exercerase “con exclusividade nos seguintes tribunais: Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Tribunais de Instancia”. Os Xulgados de Paz xogan un papel moi importante no achegamento da administración de Xustiza ás persoas usuarias deste servizo público, ao realizaren trámites de auxilio xudicial que lles evitan desprazamentos e custes económicos, como son, entre outros, as citacións e notificacións xudiciais ou a realización de conciliacións. Xa que logo, a súa supresión vai afectar negativamente a moitas persoas ao desapareceren estes órganos de apoio xudicial básicos, que existen en todos os concellos, sen máis alternativa que a concentración nos xulgados de instancia, que só están localizados en determinadas cabeceiras de comarca e nas cidades.
Se se fai efectiva a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, en Galiza desaparecerán case todos os Xulgados de Paz que existen na práctica totalidade das localidades galegas. Desta maneira, a nova reforma elimina a xustiza máis próxima ao cidadán posto que os Xulgados de Paz garanten a accesibilidade á xustiza dunha maneira cómoda, rápida e eficaz. Hai que pensar que estes órganos resolven case o 98% dos casos ingresados ao ano e que o 99% das sentenzas que se ditan non se recorren, datos que desvelan a eficacia das persoas que na actualidade ocupan os postos de xuíces de paz, a pesar das gratificacións ridículas e a falta de medios materiais que definen o día a día dos 270 xulgados de paz que funcionan en Galicia.
Os rexistros civís privatizaranse e haberá que pagar polo que hoxe é gratis
No que atinxe á modificación dos Rexistros Civís, non só se aborda a súa eliminación de xeito parello á desaparición dos Xulgados de Paz, senón que ademais se encomenda a súa competencia a rexistradores/as da Propiedade, corpo ao que, non casualmente, pertencen o Director e Subdirector dos Rexistros e do Notariado, así como o propio Rajoy, Presidente do Goberno. Dese xeito, un servizo ata o de agora gratuíto pasará a ser de pago, como manifestou o propio colectivo de rexistradores/as que, en principio, mantén unha postura remisa a asumir esas competencias “se non queda absolutamente claro que as persoas usuarias custearán o servizo”. Neste caso, afectará a unha ampla maioría social, pois serán todas aquelas persoas que precisaren expedir documentos básicos para acreditar a súa situación persoal, que á súa vez son imprescindíbeis para cobrar pensión, prestacións de servizos sociais ou axudas públicas.
Por tanto, é evidente, que as pretendidas reformas, non van en beneficio da maioría das persoas, senón que se fan con criterios única e exclusivamente economicistas e corporativistas, fomentando o pago directo a determinados funcionarios/as públicos por un servizo que debe ser gratuíto, alén de iren na dirección contraria á modernización da administración de xustiza e do Rexistro Civil. Por poñer un exemplo, só polas certificacións dos falecemento -120 euros cada un- sumarían 60 millóns de euros anuais, a repartir entre 600 rexistradores.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



